NOE
porque traspasoume teu mirar gacio
de urente pracer
na noite tordeante,
e ese tempo gafo que roérame
namentres o turdio vento
enxeaba os rescoldos das bágoas.
porque o bisbeo das formigas
enunciaba teu verdadeiro nome,
como a á dunha avespa
rozando meu pómulo
ou a presenza escintilante no fuscallo
da serodia illa da miña feezA.
Foto cabeceira da man de https://www.kingdomsalvation.org/