A guitarrista norteamericana Nita Strauss confesou ser impelida a amosarse máis espida ao comezo da súa carreira, a pesares de que case non se atopaba ao redor dos dezaseis anos de idade, isto segundo quen llo aconsellou, axudaríalle a conseguir un éxito maior, algo que sabemos é un tema moi actual e moi inquedante.
O é que coma denantes citamos noutro apontamento, o sexualizar á muller no metal non é unha cuestión exclusiva dunhas cantas, senón que se estende á maioría de quen desexa xerar unha traxectoria na industria musical. O interesante disto é que mesmo, a atual membra de Alice Cooper dixo taparse máis pra non chamar a atención.
“Moita xente dicíame o que tinha que facer pra ter éxito, coma que non podía dicir que saía con alguén porque tinha que asemellar disponhible, ou que tinha que ensinar máis pel”, declarou a tamén ex – componhente da banda feminina The Iron Maidens, quen a pesares do precedente, continuou forxándose coma unha música traballadora, con moito talento e futuro.
Respeito ao que adiantamos, Nita tamén falou de coma ao oposto de amosarse sen roupa, procurou a maneira de ser máis discreta. “Quería que me conhecesen coma guitarrista, así que comezei a arranxarme de verdade, tinguinme o cabelo máis escuro pra sobresaír menos, empregaba camisas grandes de home nas táboas e pantalóns curtos folgados”.
Nita Strauss 5/27/2023 in Nashville, TN at The Exit/In
“Non me deixaban de amolarme dicíndome que eu tinha que ser un símbolo sexual”, continuou, e respeito á cuestión de agochar se tinha relacións sentimentais agregou o seguinte. “Os fans non necesitan pensar que tenhen unha oportunidade comigo pra que me respeiten ou venhan aos meus concertos”, rematou, con algo que sempre estaremos dacordo.
A verdade é que á data, con outros casos de mulleres que son abafadas de seguedo polos seus siaeiros, comprendemos o mal que estamos non só coma fanáticos senón coma sociedade, polo feito de crer que soamente por ser muller xa deben impeler a perversión do home pra ter un lugar adentro do xénero, algo lamentoso.
Nita Strauss e Alice Cooper.
TRADUCIÓN AO GALEGO CEIVE DA MAN DO RUBEM NOVO.
ACHEGA DE https://www.facebook.com/aohradiopodcast