Estamos a realizar alegacións á Renda Social Municipal para que non exclúa aos “máis pobres entre os pobres”.
Solicitamos que o artigo 13 da Ordenanza Reguladora da Renda Social Municipal deixe de facer referencia á necesidade de que “as persoas de Estados non membros da Unión Europea deberán acreditar a residencia legal en España no momento de presentación da solicitude”.
Cremos que a situación das persoas “sen papeis” é de extrema vulnerabilidade e quedar excluídos destas axudas é claramente inxusto.
Se queredes asinala podedes descargala da nosa páxina web ou facer un texto “propio” e entregalo en calquera rexistro do concello ( Mª Pita, Forum, Ágora) antes do 29 de xullo.http://bng.gal/…/por-unha-renda-social-municipal-de-acceso…/
As nosas aportacións lograron mellorar a Renda Social Municipal. Xa o dixéramos desde o principio pero non se nos fixo caso. Agora, por fin, vaise aceptar que as persoas sen papeis poidan solicitar a axuda.
Xa presentamos as alegacións para que a renda social sexa universal
O anuncio realizado polo Goberno municipal de apoiar á emenda que tanto o Foro Galego da Inmigración como nós vimos de reclamar durante as últimas semanas para que os “sen papeis” poidan acceder á renda Social é o exemplo máis claro de que a nosa abstención na aprobación inicial á ordenanza era síntoma de que o proxecto estaba incompleto e necesitaba de achegas
Presentamos ao redor de 200 emendas e destacamos a participación e sensibilidade da veciñanza durante estes días nos que recollimos as sinaturas nos barrios e xa anunciamos que mañá presentaremos o resto das nosas alegacións
http://bng.gal/cidadedacorunha/?p=10264
Xa presentamos as alegacións para que a renda social sexa universal
Presentamos esta mañá as emendas recollidas durante estes días para que a Renda Social Municipal sexa universal
Deste xeito, ao redor das 200 emendas que presentamos por rexistro hoxe a mañá son unha demostración de participación e implicación da veciñanza da Coruña que durante estes últimos días se achegou aos distintos postos que colocamos nos barrios para amosar o seu apoio para que a nosa emenda fora incluída no articulado final da ordenanza.
Por outra banda, debemos sinalar que xa advertiramos durante o proceso de negociación e de elaboración, e mesmo no Pleno de aprobación inicial da ordenanza, desta situación de exclusión que se daba no articulado da renda social, e que este, entre outros motivos, e independentemente de mostrarsemos o noso apoio á ordenanza no seu conxunto, provocou a nosa abstención á aprobación inicial.
O anuncio realizado polo Goberno municipal de apoiar á emenda que tanto o Foro Galego da Inmigración como nós vimos de reclamar durante as últimas semanas para que os “sen papeis” poidan acceder á renda Social é o exemplo máis claro de que a nosa abstención na aprobación inicial á ordenanza era síntoma de que o proxecto estaba incompleto e necesitaba de achegas
Así, o anuncio realizado polo Goberno municipal de apoiar á emenda que tanto o Foro Galego da Inmigración como nós vimos de reclamar durante as últimas semanas para que os “sen papeis” poidan acceder á renda Social é o exemplo máis claro de que a nosa abstención na aprobación inicial á ordenanza era síntoma de que o proxecto estaba incompleto e necesitaba de achegas.
Entendemos o cambio de criterio do Goberno municipal porque era un erro manifesto e moi significativo. Xa advertiramos desde o BNG no seu momento que un colectivo moi numeroso de persoas quedaría desamparado se o artigo 13 da ordenanza era aprobado tal cal se redactou. Ademais, seguimos sen entender cales son as motivacións do Goberno municipal para ampararse agora sobre informes xurídicos ou técnicos cando isto é, nin máis nin menos, que unha decisión política, unha decisión de si hai vontade ou non de incluír, precisamente, a colectivos máis desfavorecidos e con menos posibilidades de integración. Mais tamén xa estamos acostumados a que o Executivo local non escoite á oposición e que logo rectifique constantemente xa que xa aconteceu noutros procesos e coa aprobación doutros documentos, malia as advertencias previas.
Presentamos ao redor de 200 emendas e destacamos a participación e sensibilidade da veciñanza durante estes días nos que recollimos as sinaturas nos barrios e xa anunciamos que mañá presentaremos o resto das nosas alegacións
Por último, xa adiantamos que mañá á mañá temos pensado presentar o resto das nosas alegacións. Quédanos por presentar o resto das alegacións que fixemos, e das que xa dimos conta precisamente no Pleno da aprobación inicial. Queremos que a Ordenanza Reguladora da Renda Social Municipal estea o máis completa posíbel, e queremos, precisamente, aportar todo aquilo que nós consideramos fundamental que sexa recollido: unha concreción e definición dos itinerarios de inclusión activa, que o acceso á renda a respecto da escolarización de menores se recolla nos mesmos termos que existen para a escolarización no sistema educativo estatal, modificar a parte da ordenanza para os casos nos que o aumento das unidades de convivencia sen aumento da renda no cómputo global e sen terse comunicado por erro ou omisión non sexa penalizábel ou a retirada da condición obrigada de acceso a unha vivenda no prazo de 4 meses, entre outras cuestións.
A Coruña, 28 de xullo de 2016