Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
Centro Social Autoxestionado, A Coruña
Ver este email no teu navegador

Setembro

Nova edición do Festidúo, bandas de dúas persoas!

THEE BLIND CROWS non son punk nin son blues, son o resultado do cruzamento de ambos estilos. O que si está claro é que son un dúo de liantes que andan a presentar uns temas novos cos que bailar vai ser o único importante.

Golden Legacy son Lorena Cachito (Window Pane) e Yanni Georgiou. A banda naceu en Londres, e agora veñen a Galicia por primeira vez para amosar o ben que saben facer o seu noise con toques de metal e moito máis. En resumo: caña.

Árida veñen dende Madrid e xa son coñecidos e moi apreciados en Galicia. Stoner, punk e sons noventeiros cunha voz feminina chea de potencia e feeling. Agora, a punto de publicar o que será o seu primeiro LP, voltan para adiantar as xoias que imos atopar nel.

His Majesty the King aman e dominan as melodías e o ruido ben feito. En activo dende 2009 e cun longo percorrido nalgúns dos festivais máis importantes do país, estarán dando leña e trasladándonos maxistralmente 20 anos atrás co seu son.

Venres 2 setembro. Portas: 19:00
Entrada: 5 € donativo íntegro para as bandas.

Despois de 5 anos de aquel destrutivo concerto en Compostela, Graveyard(Barcelona – Death Metal) volven a territorio galego para presentar o seu xa terceiro álbum “… For Thine Is The Darkness”. Tras unha xira que lle levará por terras alemás tocando en festivais como o Summer Breeze ou Partysan, Graveyard levarán o cheiro e fedor do death metal máis putrido á Nave 1839. Se alguén quere levar discos dos Graveyard suecos, volos asinarán encantados.

Come Back from the Dead (A Coruña – Death Metal) levantarán máis unha vez a carne podre e fedorenta dos defuntos da Coruña co seu noxento death metal.

Portas 20:30. 5 € íntegros para as bandas.

O festival 981 United de apoio ó metal local presenta 981 United Club: noites previas ó festival 981 UNITED 2017. Esta primeira noite club conta con: Wisdom PodreSin City Devils e Lust For Wounds. Portas: 19:30. Entrada: 5€
Dentro da súa liña de sete pulgadas editados co máximo mimo, o selo de Portonovo PANTERA E IRIBARNE presenta a súa a nova referencia: un 7″ domítico grupo coruñés dos 80 Radio Oceano.
O sete pulgadas conten 3 cancions nunca antes editadas, incluindo “Narcisismo“, con letra do poeta Lois Pereiro.
Na festa, que contará tamén coa presencia dalgúns dos membros das  múltiples formacións de Radio Océano, tocarán Lamprea Explosiva e Señor Anido, incluindo homenaxes á banda, e convidados.

Máis información sobre Radio Océano aquí e aquí. E aquí un vídeo en directo en Malata (Ferrol) no Festival de Solidariedade cos Traballadores de ASTANO (10/2/1985).

Sábado 24, 20:00, 5 €

A Nave 1839 somos un centro autoxestionado sen ánimo de lucro. Todas as persoas que estamos a traballar nela non percibimos nen un céntimo a cambio. O facemos porque creemos que é importante facer todo esto. Máis información sobre a Nave 1839 en www.nave1839.org

Podes darte de baixa desta lista de correo.

Asociación Cultural Nave 1839. Avda. Joaquin Planells s/n. 15007 – A Coruña