Liserxia, druidismo, psicodelia e moita intensidade é o que traen nos seus directos os locais MØURΔ, que a pesar de levar pouco tempo de vida, os seus compoñentes teñen un longuísimo percorrido en formacións como Guerrera, Saharah, Lüger ou One Of These Days & THRTCLab.
Estarán xunto a eles os vigueses Cró!, unha formación de sobra coñecida polo seu inclasificable e persoal son, que xunta psicodelia con progresivo, post, e moito máis. Membros fundadores do colectivo Metamovida, veñen nesta ocasión presentando o seu último traballo, ‘Mounstros’.
Portas 20:30, 5 €
VENRES 9 DRINK & DRAW + ILUSTRANOITE
Un Drink & Draw é unha reunión de xente cunha paixón común: o debuxo. Non importa se es afeccionado, estudante ou profesional neste campo. É unha escusa para xuntarse e pasar un bo intre en mellor compañía tomando algo. Propoñeranse algúns xogos que poderás seguir se necesitas inspiración. Trae papel e lapis, ou o material co que sintas máis cómodo.
A continuación, IlustraNoite é un formato de presentacións multimedia onde varios profesionais de diversos campos da ilustración fan un percorrido pola súa obra de forma breve e áxil, ao estilo dos Pecha kucha. Esta actividade está organizada pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).
Xa sabemos o que pasa cando GUERRERA visitan a Nave, e ademáis esta vez están de estrea. Tras ‘Under the gypsy sun’ (2012) e ‘Mauna Loa’ (2014) presentan agora un novo traballo, un dobre LP homónimo cargado de influencias que dotan este disco de novas sonoridades que non deixarán indiferente. E para que non volva a quedar ninguén fóra, esta vez haberá dúas oportunidades de velos.
Entradas anticipadas á venda no Ummagumma (Rúa Orzán, 68) a partir do venres 25 de Novembro.
Portas 21:00, 5 €
SÁBADO 31 FIN DE ANO
Fin de ano como a fin do mundo. Os cinco DJs do Apocalipse pincharán calipsos infernais. Sete trompetas a ritmo de italodisco. Unha bola de espellos en chamas iluminará a pista de baile. ¿Tsunamis de licor café? Si, tamén arrasarán con todo. Holocausto nuclear, praga de lagostas, meteoritos quilométricos… Cumpliranse as vosas profecías favoritas. DJ OCRE, DJ SUELO, DJ WORMOFTHESENSES, MADAME & GOZAMALES. Vinde con nós a facer o voso último dab. A ver como arde todo. Que non chegue o 2017.