Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
Abril na Nave!
SÁBADO 1 Autobom

Abrimos portas ás 16:30 cun VERMÚ FRATERNAL con música festiva e picoteo. Ás 17:30 comezaremos o AUTOLAB: exercicios experimentais e divertidos de BD – trae o teu material de debuxo! Continuamos ás 18:30 coa MESA REDONDA “¿Es que nadie piensa en los niños?: Reflexiones sobre censura y libertad de expresión”. Proxección de varias curtas de animación independentes a partir das 20:00 no noso AUTOCINE. E pechamos a velada ás 21:00 co III AKELARRE MUTANTE, onde poderedes gozar do “Chiptune punk” electrónico de BravuBoy (Pulpiño Viascón) e do thrash metal máis cañero de Strikeback. A guinda do pastel poñerana os debuxos en directo de Sara Roca e Álvaro López. Ao longo de toda a xornada teremos un STAND DE FANZINES con material moi variado.

Portas: 16:30 | As actividades son GRATUITAS, salvo o concerto ilustrado (donativo suxerido de 5 a 10€, íntegros para os grupos e ilustradoras)

SÁBADO 8  Bala + SraSrSra

Noite de pequenas mortes. Bala son helicópteros co pelo ata conseguir unha bonita fractura de pescozo. Volven á Nave para presentar o seu segundo disco, Lume (Matapadre, 2017) xusto antes da súa fuxida cara adiante nunha xira xapo-australiana. SraSrSra son rápidas navalladas cun sorriso na cara mentres te miran ós ollos. Feitas con todo o cariño. Nas súas costas levan varios discos petados de tralla, berros e noxo. Todo presentado en haikus infernais dun minuto.

Bandcamp Bala | Bandcamp SraSrSra

Portas 20:30 | Donativo suxerido para as bandas: de 5 a 10 euros

VENRES 7 Sangre de Muérdago + Nathanael Larochette

O seu LP homónimo “Sangre de Muérdago” (2011) leváranos atrás no tempo ata hai eóns, cando a raposa transcribía as cancións dos moradores das fragas, as veigas, os cantís. Co seu traballo “Os Segredos da Raposa Vermella”, Pablo Ursusson, Georg Börner e Erik Heimansberg inundarán a Nave 1839 con música folk galega feita das paisaxes máis agrestes do país do fin da terra, dentro da súa xira de 10º aniversario. Terra e ceo son música da man do compositor canadense Nathanael Larochette (Musk Ox , The Night Watch). No seu traballo en solitario “Earth and sky” Earth é un repertorio de solos de guitarra clásica, actuando de contrapunto a Sky, unha nebulosa de electrónica ambient.

Bandcamp Sangre de Muérdago | Bandcamp Nathanael Larochette

Portas 20:30 | Donativo suxerido para as bandas: de 5 a 10 euros

SÁBADO 22 Warsong + Ultrasurf

É a primeira vez que o punk rock emocional de Warsong (Zaragoza) visita Galicia. Están de volta de varias xiras por Xapón, EEUU, e Europa. Punk clásico, rebosante de sentimentos, un son inconfundiblemente 90s, e honestidade. Presentan o seu novo disco e séptima referencia “Control”, editado por Sabotage (De) / Dirt Cult (USA) / Too Circle (Jp). Acompáñanos os coruñeses Ultrasurf, auténtica pepita de oro do punk melódico da cidade, co seu primeiro LP recén grabado baixo o brazo.

Bandcamp Warsong | Bandcamp Ultrasurf

Portas 20:30 | Donativo suxerido para as bandas: de 5 a 10 euros

 FOTO PORTADA: BALA POR LEO LÓPEZ.