Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
INSTAGRAM MUSGO981

En nome de todo Musgo 981 queremos dicirvos GRAZAS.

Aquel 19 de septembro de 2023 que decidimos xuntarnos para comezar a facer música e posteriormente un disco, xamáis houbesemos imaxinado que chegaramos hasta este punto.

Porque é así, “Exilio” naceu sen máis pretensión que pasalo ben os catro e desfogar, pero grazas a cada un de vos que apoiades o proxecto foi moito máis ca iso.

Agora, ca pequena xira rematada, estamos super felices de ter comezado a facer barullo hai pouquiño menos dun ano e ter podido desfrutar tantos bos concertos compartindo con tan boas bandas que se convertiron en familia.

Dito o cal, isto non para, xa levamos uns meses en fases de composición e xa podemos dicir que sí, vai a haber un segundo disco de Musgo e esta vez será un álbume de estudio. Pero antes de iso, debémosvos un videoclip do voso tema favorito de Exilio…

Unha vez máis moitísima grazas a todos os que dalgún xeito formáchedes parte disto 🖤

MUSGO 981 – CAMINAR

Este é o segundo single adianto do noso primeiro disco EXILIO que estará moi pronto en todas as plataformas dixitais. Infinitas grazas a Pedro Galbán por querer traballar con nos e crear unha peza visual tan incríble, querémoste. Tamén, grazas de corazón á AC Trubisquiña de Vimianzo por cedernos o espazo da antiga unitaria de Castrelo para realizar a rodaxe e a Pablo Alvite por prestarnos a batería. Mezclado e masterizado por Noel Rodríguez en Irie Sound.

EXILIO VIDEOLYRICS (FULL ALBUM)

EXILIO VIDEOLYRICS (FULL ALBUM)

00:00 Side A intro
00:28 Rapid eye movement
04:10 Palos y piedras
08:07 Caminar
12:31 Fóra do normal
17:48 Side B intro
18:25 Exilio
22:27 Por supuesto
26:23 Negra sombra
29:43 Punto de fusión
33:45 Non sei se son eu

Exilio é o primeiro álbum do noso proxecto Musgo 981, un traballo totalmente autoxestionado, gravado polos propios membros da banda e mesturado por Noel Rodríguez en Irie Sound. Achegámosvos o traballo completo neste formato videolyric da man de 035 Visuais, para que poidades desfrutar del. No noso Instagram poderedes atopar os próximos concertos e contactar con nós para conseguir a vosa copia física. Moitísimas grazas a todas as persoas que estivechedes neste proceso de creación e a quen vos ides sumando. Comeza o Exilio.

Cartaz cabeceira da man do MOON CLUBE SANTIAGO