VERBAS DA MUNA DUVAL
Pra min sempre é un pracer voltar ponherme na pel de “La Tacones”. Unha muller trans que traballa coma transformista nun clube gai moi preto do congreso. O día 23 de febreiro de 1981 la tacones sae as táboas cada noite e estando ao vivo decátase do que esta pasando. Un conmovedor relato sobor os sonhos e as liberdades que correron un grave perigo nun dos días máis difíciles da democracia. Se, volto con “Azules e Maricones”.
https://www.facebook.com/muna.duval
https://www.instagram.com/munaduvaloficial/
ACÉFALA
https://www.facebook.com/acefala.colectivo
ΛCÉFΛLΛ é un colectivo. Conta cun espazo autónomo e autoxestionado no barrio de Monte Alto.
WWW.EMPUJE.NET MUNA DUVAL 1 “Azules y maricones” 28/09/2025 Acéfala (A Crunha)
Comezo da ovra (anaco)
WWW.EMPUJE.NET MUNA DUVAL 2 “Azules y maricones” 28/09/2025 Acéfala (A Crunha)
Anaco 2.
Anaco 3.
VERBAS DA MUNA DUVAL
Unha obra que fai un bo repaso sobor o mundo do transformismo dos últimos 35 anos, acompanhado dunha historia persoal de superación, de supervivencia, de conhecementos e achados, que endexamais pensei que chegaría a escribir. Mais tampouco quería que se perdese. ¡Esta, es mi historia!, é unha homenaxe aos que se foron, mais tamén polos que están por chegar. É o meu particular tributo ao coletivo mais tamén á liberdade de tódalas persoas que viven ao contraxeito. Un percorrido dende a minha nenez na Galiza sinalada polo acoso e os malos tratos, a minha chegada a Madrid no 1978 con tan só 9 anos e os meus comezos no mundo do transformismo. Unha disciplina que salvoume a vida e eu en troques adiqueille a minha… Un conmovedor relato que convida á reflexión sobor o valore de ser fiel a un mesmo e sobor a beleza que mora na autenticidade. Escrito por Muna duval e Marta Prieto.
CAPA LIBRO “ESTA, ES MI HISTORÍA! DA MAN DE MUNA DUVAL.
FOTOS E VÍDEO CLIPES DA MAN DO RUBEM NOVO.
TRADUCIÓNS AO GALEGO DA MAN DO RUBEM NOVO.









