Sábado 30 de noviembre
Joana´s Place (c/Pondal 4.A Coruña)
22:30 h
5 Euros.
MONSTRUO están de volta e o seu son sona tan enfermo coma sempre. Enfermidade da que non mata pero non che deixa vivir: reuma, contracturas, gripe, fungos, herpes. Novos temas e máis enerxía Mudhoney meets Kaka De Luxe!!. Concretamente nun garaxe poden pasar moitas cousas, e o que lle pasou a este grupo é unha mestura de todas elas. Rabia pop, sensibilidade punk, trapallada vangardista.
THEE BOAS son como unha locomotora sen freos, firme no seu traxecto cara a destrución total do que agarre por diante. Máis madeira! Guitarras como mistos e unha base rítmica como un bidón de gasolina para prender lume a todo o que haxa dentro do garaxe. Eles van berrar e ó público non lle quedará outro remedio. Igual que antes os Stooges ou Dead Moon, Thee Boas levan o demo dentro e se é a túa noite de sorte podes saír con el metido nos pantalóns.