Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

ZEA MAYS – Negua joan da ta

 

Zea Mays é unha banda musical de rock xurdido no Bilbao no 1997. O seu nome é o nome científico do millo.

No vran do 1997 gravaron 7 temas pra unha maqueta, coa que ganharon o Concurso de Maquetas Xuvenís do País Vasco ise mesmo ano. O premio deulles un grande pulo e grazas a iso programaron varios concertos en tódolo País Vasco. No 1998, considerouse a mellor banda vasca no concurso de pop-rock de Bilbao.

No setembro do 1998, gravaron o seu primeiro álbum, o homónimo Zea Mays.Nas verbas da revista Mondo Sonoro, foi un dos 10 mellores discos do País Vasco dise ano. Despois dunha morea de concertos, no marzo do 2000 lanzaron o seu segundo álbum: Elektrizitatea. Foi o mellor disco do País Vasco dise ano, outra vez verbas do Mondo Sonoro. No setembro do mesmo ano comezaron unha xeira por Holanda.

No xullo de 2002 gravaron o seu terceiro álbum: Harrobian, ista vez co selo discográfico Gaztelupeko Hotsak. Xusto denantes gravaran unha versión do tema Kantuz de Mikel Laboa. No vran do 2003 fixeron outra xeira pola Europa: Alemanha e Países Baixos. Durante iste ano, houbo moitos concertos no País Vasco. Foron o Festimad no 2004 e despois diso retiráronse a gravar un novo álbum.

Zea Mays – Adore

GALEGO.

VALOR

A MILLEIROS DE ANOS LUS

FACIANA AO MEU VALOR

QUIZABES SOM DE PRATA

OU ME AFIXEN Á MINHA CRISE MUNDIAL

QUIZABES SOM FORTE, SOMOS

QUIZABES TODO É MINTIRA

UNHA LONGA VIAXE

AOS MEUS ADENTROS

TENTANDO DE PROTEXER

AO NOSO EU EFÉMERO

UN DURO VIEIRO

DENTRO DO MEU

TENTANDO DE XUNTAR

O NOSO EU CREBABEL

MEDITACIÓN SILENCIOSA PRA SOBREVIVIR

O VALOR NA XEMA DOS MEUS DEDOS

TRADUCIÓN AO GALEGO CEIVE DA MAN DO RUBEM NOVO.

EUSCARO / EUSKERA.

ADORE

MILAKA ARGI URTETARA

NIRE ADORERA

AGIAN ZILARREZKOA NAIZ

EDO NIRE MUNDU-KRISIRA OHITU NAIZ

AGIAN GOGORRA NAIZ, GARA

AGIAN DENA GEZURRA DA

BIDAI LUZEA

NIRE BARNERA

GU SUNTSIKORRA

BABESTU NAHIAN

BIDE GOGORRA

NIRE BARNEAN

GU APURKORRA

ELKARTU NAHAIN

BIZIRAUTEKO GOGOETA ISILA

ADOREA NIRE ERKAINETAN

No marzo de 2005 lanzouse Sortuz, grabitatearen aurka. Considerado un grande éxito, a banda converteuse nun das bandas líder no País Vasco. No decembro de 2006, colaboraron no álbum colectivo 18/98 Auzolanean co tema Astero, ostera hastera.

Zea Mays– Kea

 

No 2007, xa con dez anos de experiencia, lanzouse o novo traballo Morphina, que engadía un DVD con vídeo clipes de concertos de toda unha década. No 2010, Era viu a lus. Nas verbas da propia banda, o máis bailábel de tódolos traballos, máis direto e máis positivo. Logo houbo outros dous álbums, e Harro.

A súa carreira de 20 anos no 2017 foi recompilada coas mellores cancións no Zea Mays 20 urte.

FONTE: WIKIPEDIA.

TRADUCIÓN AO GALEGO CEIVE DA MAN DO RUBEM NOVO.

Aiora Renteria

Voz
Piti Imaz

Guitarra
Rubén González

Baixo
Asier Basabe

Batería

 

Discografía[editar]

https://zeamays.bandcamp.com/

Listen on Spotify: https://open.spotify.com/artist/00NQw...

Stay Connected: – Facebook:   / zea-mays-547.  .

– Twitter:   / zeamaysrock  

– Soundcloud:   / zeamaysrock  

– Instagram:   / zeamaysrock  

Buy digital on: – iTunes: https://itunes.apple.com/es/artist/ze...

– Google Play: https://play.google.com/store/music/a...

 

Aiora Renteria

Aiora Renteria Agirre (Bilbao, 16 de marzo do 1976), é a vocalista da banda Zea Mays, amais de colaborar con Doctor Deseo no seu disco ao vivo Metamorfosis (basicamente lento).

Aiora Renteria lidera o carteto musical Zea Mays dende o ano 1997. No 2020 seguen so mesmos catro. Ise ano gravaron a súa primeira maqueta, premiada no VII Concurso de Maquetas de Euskadi Gaztea. Ista vocalista e a súa banda, tamén recibiron un premio coma “mellor banda euskaldun”, no X Concurso Pop-Rock do Villa Bilbao.​ No ano 2000, o seu segundo disco elixiuse mellor disco do ano na Euskal Herria, pola revista Mondo Sonoro.

Nos anos 2011 e 2012, a consideran pioneira da música en éuscaro.​ Ista opinión reforzouse por Óscar Cubillo no 2019, quen di que a súa voz é unha das máis influintes na escea euskaldun dende hai anos.

Zea Mays taldearen Hernaniko NAIZ kontzertua

​Ao pouco ista cantante coa súa banda saíu da súa zona de confort, e participou en concertos e festivais en Sevilla, Cáceres, Rías Baixas e outros. Destaca a súa participación no Fair Saturday de novembro de 2019. Onde colaborou na acústica coa guitarra e achegando a súa voz, uníndose á orquestra sinfónica de Euskadi pra dar comezo a iste acontecemento cultural. Aiora, coma vocalista do carteto Zea Mays, tamén atuou an Alemanha, Inglaterra, Xapón, Canadá, Países Baixos, e outros. Nas súas atuacións e os seus discos, ista cantante e a súa equipa sempre atopan o efeto dunha banda rock ao vivo.​ Cada concerto ten que ser unha oportunidade de expresarse.

A cantante convidada no ano 2018 á cerimonia de apertura de tempada da sidra en Bizkaia, co tradicional “txotx” ou descorche do primeiro bocoi. Tamén no 2020 tivo a gaba de amadrinhar a nova anada de txakoli de Bakio.​

O 1 de novembro de 2021 anunciou que padecía cancro de útero.

FONTE: WIKIPEDIA.

TRADUCIÓN AO GALEGO CEIVE DA MAN DO RUBEM NOVO.

 

BIO PÁXINA GUEB ZEA MAYS.

Zea Mays xuntáronse no Bilbao no xunho do 1997 despois de que os membros axuntaranse en Londres nunha viaxe. Pouco despois gravaron unha maqueta coa que ganharon o VII Concurso de Amosacións Euskadi Gaztea que lles achegou o reconhecemento na paisaxe do rock vasco. Isto levounos a asinar o seu primeiro contrato e Zea Mays entrou no estudo ao ano seguinte pra gravar o seu primeiro álbum homónimo. Seguiron críticas favorábeis, a revista Mondo Sonoro engadiunas entre os 10 mellores discos do ano, coma sucedería con tódolos seus seguintes discos.

O seu segundo álbum “Elektrizitatea” considerado o mellor álbum do ano 2000. A banda fixo unha xeira por Holanda, cun espetáculo sobresaínte no ADM Robodock de Amsterdam. Dous anos despois cun novo selo e un novo disco, “Harrobian”, que ten conhecidos artistas convidados vidos da escea musical vasca.

Durante o vran do 2000 viaxaron a Madrid pra o seu concerto do Festimad compartindo cartaz con bandas coma Pixies, Korn, Ben Harper e Patti Smith e uns meses despois voltaron á estrada, con xeiras por Alemanha e Holanda.

No 2005 editaron o seu carto disco “Sortuz” colaborando de novo con artistas vascos famosos (Francis, Dr.Déseo, Rafa Rueda…). Despois niste ano gravaron ao vivo o concerto do Kafe Antzokia, que se engadiu, dous anos despois, co seu seguinte álbum “Morphina” coma extra pra celebrar o décimo aniversario da banda. Iste disco ten dúas canzóns en inglés por primeira vez. Despois de facer unha xeira con varias bandas xaponesas polo País Vasco, fixeron unha xeira por Xapón no agosto do 2009.
O seu sexto álbum, “ERA”, que contén doce canzóns, gravouse en Lamiña Producciones por José Lastra e masterizado por Tony Cousins ​​no Metropolis Group de Londres. . O terceiro tema “Negua joan da ta” achegou o número 1 no Myspace durante os dous primeiros meses despois da súa publicación, e máis de 600.000 visualizacións no Youtube.

A xeira do último disco ERA viu cheas por tódolos lugares onde atuaron, dende gaztetxes (Kukutza-Bilbao), ata salas de concertos (Plateruena-Durango, Razmatazz-Barcelona, ​​Caracol-Madrid) pasando por festivais (BBK-live) e festas de Donostia ou Gasteiz. Amais os seus concertos internacionais (Canadense Music Fest- Toronto, Liverpool, Londres…) tiveron boa participación e críticas moi favorábeis polas súas fortes e conmovedoras atuacións ao vivo.

Zea Mays – “Corazón de tango” | Conciertos de Radio 3 (2023)

Coma grande final a finais do 2012, Zea Mays levou ao cabo unha minixeira de adeus chamada End of ERA, que achegounos aos seus siadeiros en catro locais de tódolo País Vasco.
Despois pecháronse no seu estudo de ensaio pra facer as canzóns pra o seu vindeiro disco.
O 15 de xullo comezaron a gravación do seu sétimo disco co prestixioso produtor inglés Dave M. Allen nos estudos Tío Pete de Urduliz. É conhecido por producir traballos de The Cure, coma “Disintegration” e “Kiss me, kiss me kiss me” e outras bandas coma Depeche Mode, The Sisters of Mercy, Neneh Cherry e, recentemente, Danish Reptile Youth.
O álbum tamén foi mesturado por Dave M. Allen nos Club Ralph Studios de Londres e Andy “Hippy” Baldwin masterizouno no Metropolis Studios, Londres.
O álbum DA saíu a finais do 2013, recibiu formidábeis críticas e eloxios da prensa musical, amais de ser moi ben acollido polo público. O DA Tour levou á banda a tocar máis de cen concertos nos anos 2014 e 2015, nunha diversidade de locais (esgotados) ao longo do País Vasco, Madrid, Barcelona, ​​Valencia, Zaragoza, Londres e Berlín. Tamén tocaron na televisión nacional espanhola (TVE) coma anaco dunha cadea de concertos chamada Os Concertos de Radio 3.
O DA Tour levounos tamén a unha serie de grandes festivais coma BIME live (Bilbao), BIG festival (Biarritz), BBK-Live (Bilbao), Monkey Week (Cádiz), Portobello Live (Londres) ou EH Zuzenean(…).

ZEA MAYS: GAUR

A xeira remata en decembro de 2015 e a banda comeza a traballar no seu oitavo disco que grava en xullo e agosto de 2016 nos estudos Tio Pete. Unha vez máis con Dave M. Allen coma produtor e Jose Lastra na enxenharía de som. Dave Allen tamén misturou iste álbum, ista vez no STUDIO 7 de Londres, e Andy “Hippy” Baldwin masterizouno nos Estudos Metropolis de Londres.
Este oitavo álbum chamado HARRO (Orgulloso) lanzouse no novembro do 2016. Conta co Raul Lomas da banda DOCTOR DÉSEO nos teclados e sintetizadores, e unha colaboración vocal moi especial de Santi Balmes de LOVE OF LESBIAN.

Zea Mays, vinte anos de música coa súa vocalista Aiora Rentería

HARRO é unha produción do selo discográfico propio da banda GARDEN RECORDS e lanzarase nas capitais do País Vasco, Barcelona e Madrid no novembro-decembro de 2016.
En 2017 ZEA MAYS celebrará o seu 20 aniversario cunha xeira especial e moitas sorpresas…
Fique eiquí… avisáronvos…

ZEA MAYS —- HARRO ………………non deixará indiferente a ninguén!

​BIO ZEA MAYS DA MAN DA GUEB DE ZEA MAYS ESCRITA EM GALEGO.

ARRANXOS AO GALEGO CEIVE DA MAN DO RUBEM NOVO.