Maritxinha é Belem Tajes.
Vudú son Belém Tajes, teclado e voces xunto con Maritxinha no baixo e loops. Nace na Coruña no ano 2016. Nese mesmo ano gravan en formato cuarteto un primeiro EP nos estudos Bruar da Coruña e gañan en Compostela o premio á mellor canción en Galego por “Eu son VooDoo” no certame Musica Xove.
Na primavera de 2017, gañan o Premio Martín Códax da Música galega na categoría Blues/Funk/Soul que lles serve de impulso para traballar no seu segundo EP Vudú Vol. II. Gravado en Abrigueiro Estudios da man de Arturo Vaquero e foi autoeditado en 2017, cunha tirada de 300 exemplares feitos e pintados a man.
No inverno de 2018 gravan e autoeditan o seu primeiro LP, Vudú Vol. III coa produción de Nicolás Vieites. Con este LP acaban de gañar o premio á Mellor adaptación dun tema tradicional por “Moreniña”, nos XVIII Premios Opinión de Música de Raíz.
Vudú son letras chegadas da música tradicional galega con armonías fundamentalmente Soul e R&B. Vudú é unha música íntima, elegante para grandespequenos momentos.
Belem Tajes (foto cortesía Facebook Belem Tajes)
Eu chorar, chorei
Moreniña.
CANLE OFICIAL YOU TUBE VUDÚ:
VUDÚ MÚSICA
https://www.youtube.com/channel/UCisnDxNq0lEYvkCRGHdURng
BANDCAMP VUDÚ:
https://vuduemusica.bandcamp.com/
Maritxinha (foto cortesía Facebook Vudú)
CANLE OFICIAL MARITXINHA:
https://www.youtube.com/user/maritxinha
FOTO PORTADA POR JUANPA AMENEIROS.
FOTO 1, 2 é 3 CORTESÍA FACEBOOK VUDÚ.