Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Mauro

Mauro, primeira novela de Mikel Guerendiain, nace da que está considerada como unha das maiores evasións carcerarias de Europa. O 22 de maio de 1938, ao redor de oitocentos presos fuxiron da cadea de Santo Cristóbo, nos arredores de Pamplona, convertido durante ises anos en cárcere franquista. Ningún tinha delitos de sangue. Moito deles foron abatidos ou detidos nas horas seguintes á fuga, mais outros chegaron a botarse ao monte en desbandada co tento de chegare a pé a fronteira francesa. Durante días, os montes do norde da Navarra foron froito dunha cacería na que se viron envolvidos non só os fuxitivos e os seus perseguidores, senón tamén os poboadores deses pobos fronteirizos cuxas vidas axitáronse pola presenza dos uns e os outros. E son isas vidas, xustamente, as que dan feitío a esta novela.

Tecida dunha feitura xusta, coma unha tea de aranha con pontos de vencello sutís mais consistentes, Mauro agasállanos unha serie de personaxes inesquecíbeis. Som iles quen alterna a voz narrativa da novela e quen, capítulo a capítulo, fainos cómplices da súa historia, das súas ledicias, tormentos ou esperanzas.

«Eiquí sego. Agardamos a que pónhase o sol. Hai varias horas que deixei de tremer. Tenho friaxe. Tanto que, de súpeto, deixei de sentilo. Estarei morto?».

«O medo pra ser descubertos facíanos ser máis precavidos. Era fundamental evitar calquera caserío, afastarse de todo aquilo que na escura distanza parecese un fogar. O máis mínimo escintileo de lus de lonxe era suficiente pra facernos fuxir despavoridos. O trilo dun paxaro ponhianos tan alerta coma as balas dunha metralladora».

Mikel Guerendiain Azpiroz naceu en Ciaurriz, Navarra, no 1983.

Licenciado en Historia pola Universidade de Navarra, traballou, por esta orde, de muxidor de vacas, de fregapratos en Lulworth (Inglaterra) e de libreiro (no Corte Inglés e na extinta Libraría Gómez). Na actualidade, é mestre de Xeografía e Historia en diversos institutos públicos da Navarra.

Guerendiain escribiu catro pezas teatrais, dos das cales foron estreadas por grupos de afeccionados.

 

Mauro é o seu primeiro libro.

 

FONTE: Mauro | Pepitas de calabaza

TRADUCIÓN AO GALEGO CEIVE DA MAN DO RUBEM NOVO