171 anos do fusilamento dos Mártires de Carral
80 anos do cruento bombardeo de Gernika
a liberdade plasmada en sangue
contra o despotismo dos necios
estourando os soños en folerpas de rabia
esa rebelión do suxeito insubmiso
que non atura o decreto claustral
da frase imperativa
e a dor que prende nos ríos da memoria
coma unha sombra soterrada
entre a violencia dos cascallos
aínda así, medra a galanura da herba
onde noutrora se estercou a miseria