´MIL+30`
A Asociación Musical Nonito Pereira conmemora o 30.º aniversario do Concerto dos 1000 anos cunha exposición fotográfica de Marta Capote que leva por título Mil 30. A mostra inaugurarase o sábado 22 de xullo ás 19.00 horas nas Galerías Centro Real (Rúa Real, n.º 86, primeiro andar). Asistirán a fotógrafa Marta Capote, o artista plástico Tono Correa Corredoira e directivos da entidade organizadora.
Durante tres días do mes de xullo de 1993 A Coruña tivo a oportunidade de vivir un acontecemento musical sen parangón no norleste da península ibérica, unhas xornadas musicais históricas con orixe da celebración dos atos culturais do Ano Xacobeo. O chamado Concerto dos 1000 anos fixo do estadio municipal de Riazor un campo de estrelas ao que peregrinaron 30.000 persoas pra ollar ao vivo sobor as mesmas táboas a varios músicos e artistas que escribiron sobresaíntes páxinas da múseca rock, soul e blues.
Entre aquila multitude de incondicionais dispostos a desfrutar cada minuto desta irrepetibel oportunidade atopábase Marta Capote, unha nova fotoxornalista madrilenha que remataría por botar raízes na cidade crunhesa. Cámara en man, inmortalizou a istas grandes estrelas en fotografías que ata a data permanheceron inéditas na súa maioría, e agora som anaco da exposición Mil 30.
A data pra a inauguración non é casual. Un 22 de xullo de 1943 nacía na Coruña Nonito Pereira Revolta, promotor e xornalista musecal cuxa figura dá nome á entidade organizadora desta exposición, unha asociación que ten coma obxectivo reivindicar a súa crucial achega no desenvolvemento de distintos proxectos artísticos e numerosos concertos celebrados na capital crunhesa durante as derrradeiras décadas. O seguinte resumo dunha das súas crónicas reflicte o impacto que supuxo pra il e pra a cidade aquil Concerto dos Mil Anos:
Foi o Xacobeo 93, nunha época sen recortes, quen organizase aquel ‘monstruoso’ concerto con Sting, Chris Isaak, George Benson, Neil Young, John Mayall, Robert Plant, Bob Dylan, The Kinks, Eric Burdon, Jerry Lee Lewis, Chuck Berry, Wilson Pickett e Bo Diddley, artífices daquil concertazo, irrepetibel, maxestoso, o máis apoteótico que un puido botarse á faciana e aos ouvidos na Crunha. Non xa no século XX, senón no XXI –suponho que onde estea atoparei unha rendía pra presencialo, con alghúns dos protagonistas que estiveron en Riazor, por razóns de idade–. Un concerto que sen dúbida rexistrouse coma a páxina musical máis gloriosa da cidade da Crunha
A exposición Mil 30 conta cunha banda sonora de seu a tempo real composta por cancións dos músicos participantes e que se reproducirán en discos de vinilos, formato orixinal en que foron publicadas.
A mostra ficara aberta ao público do 22 de xullo ao 31 de agosto de 2023 cos seguintes horarios de visita:
Martes a sábado: 12 a 14 horas / 17 a 20 horas
Domingo: 12 a 14 horas
Luns: Pechado

Tradución ao galego ceive por Rubem Novo.