Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

 

 

 

 

 

As entradas están a venda en www.entradium.com

O músico ven de presentar a semana pasada “Viva tú”, o primeiro sinxelo do que será o seu novo disco

Dous anos despois do seu último concerto na cidade, Manu Chao regresa a Lugo. O músico actuará na sala Tebras o 9 de xullo. O concerto dará comezo ás 21.30 horas. A apertura de portas realizarase ás oito da tarde.

Nestes concertos, Manu Chao Acústico sube ao escenario coa su guitarra, acompañado por Lucky Salvadori  (guitarra) e Miguel Rumbao (percusión). Unha forma máis sa de ver o mundo. Simplificada e despexada, tanto de obxectos como de sentimentos. Co corazón puro e sen pretensións.

No seu repertorio, temas novos e temas de sempre. Músicas híbridas, froito do seu encontro entre culturas e tradicións populares. Nas súas propias palabras: “cancións de rompe e racha, rolas musicarias, mundos ao revés, ‘ekivokadas’ vidas, veciñas do patio e despedidas clandestinas. Rúas e máis rúas. Bodas e banquetes, enterros e malas vidas”. Sen perder nunca de vista os seus tres puntais fundamentais: alegría, loita e compromiso.

ENTRADAS

As entradas están a venda en https://entradium.com/events/manu-chao-acustico-sala-tebras-lugo

O prezo da entrada en venda anticipada é de 25 (+gastos de xestión). O prezo da entrada en taquilla será de 30 euros.

ADIANTO DO NOVO DISCO

A pasada semana, Manu Chao publicou “Viva tú”, o primeiro sinxelo do que será o seu novo álbum, que ten previsto publicar neste 2024.

«Viva tú» é unha mensaxe de esperanza cando o mundo enteiro cambaléase. É unha man tendida. O odio está ao alcance de calquera, pero o amor é un acto de valentía. Manu Chao sabe cal é o seu lugar.

«”Viva tú” é, ante todo, o amor polos meus veciños. É unha rumba que lles escribín a eles, así como aos veciños dos demais. Vai sobre aceptarte tal como es, e desde o momento en que aceptas quen es, Viva tú!», explica o músico.