Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

LoreLei Green

Chimpo sobor a minha lumeira persoal. Quero escorrentar ás minhas pantasmas só por unha noite (a máis curta do ano). Semella un bo trato.
Querería mergullarme en cada ritual. Penso en barbearme o pelo, banharme no mare, soterrar unha candea, pedir unha arela.
Degoiro que non aconteza nada. Durante uns días. Nada.
Chimpo sobor a minha lumeira persoal. Ollo o lume de fronte e fago as paces. “Escribinte moitas cancións” murmuro  “quéreme ben” lle digo baixinho. E lánzolle a metade dun anaco de papel no que escribín máis axinha que nunca.
Lembrei que ás veces isa é a chave. Pensar pouco e que as primeiras linhas dean pé ás seguintes. Sempre primeiro unha pasadinha (o máis c*brón). E despois só hai que pensar na pasada seguinte.
Endexamais nada máis que o seguinte.

TRADUCIÓN AO GALEGO CEIBE DA MAN DO RUBEM NOVO