lora@galunk.com | +34 722 855 990⠀⠀⠀⠀⠀
⬇️ Escoita O Tolo Que Conta Os Días ️
youarenotlaw
LETRA:
Hai un monstro que se agocha
Pacientemente detrás de ti
Mentres eu choro, no teu ombreiro,
A donicela estase a rir
Non teño casa sen o teu peito
Non teño medo cando estás ti
Non teño xeito de convencerte
De que ninguén me fixera sentir así
Ti es o tolo que conta os días
Eu son a loira perfecta para ti
E se por sempre eu quedo durmida
Que ninguén me esperte se estou xunto a ti
Ti es o tolo que conta os días
Eu son a loira perfecta para ti
E se por sempre eu quedo durmida
Que ninguén me esperte se estou xunto a ti
Temo que volvas coa túa besta
E te sorprenda non verme aquí
E que comprendas cando xa é tarde
Que ela foi a que me consumiu a min
Non teño casa sen o teu peito
Non teño medo cando estás ti
Non teño xeito de convencerte
De que ninguén me fixera sentir así
Ti es o tolo que conta os días
Eu son a loira perfecta para ti
E se por sempre eu quedo durmida
Que ninguén me esperte se estou xunto a ti
Ti es o tolo que conta os días
Eu son a loira perfecta para ti
E se por sempre eu quedo durmida
Que ninguén me esperte se estou xunto a ti
E se pensas que ás veces dubido
Hai algo que debes saber
Non hai cousa neste mundo que faga
Que eu poida deixarte de querer
MUAH por Marta Saiz