Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
Impecábel crónica de Frank Astro sobor os premios ises. A creo cos ollos pechados, e compártoa, aínda que me dotei do privilexio de non ollar nin un segundo da “gala”.
Aborregamento si, mais se é posíbel en “Pequenas Dioceses”
“””Onte nuns premios supostamente musicais cheo de actuacións en playback mais supostamente ao vivo, que aínda así soaban mal polo televisor, premiaban a un actor (Antonio Banderas), pedían as súas interesantes opinións a un futbolista (Sergio Ramos) e presentaban persoas que non tenhen nada que ver coa música (Si, engado á ameba de Carlos Baute no previo). Nuns “galardóns” que inclúen “cousas” coma “Mellor canción cristiá en castelán”, puidemos escoitar tamén coma á única persoa dos premios que naceu preto de Roma (Laura Pausinni) dicíanlle pouco menos que a pesares de non ser latina, xa era unha máis en adopción. A “gala”, máis rancia que o xamón dunha momia exipcia e que lembraba un programa de Cabodano presentado por José Luís Moreno de hai catro décadas, ensinounos como se pode misturar nun premio á excelencia musical dunha carreira a mitos coma Carmen Linares ou Alex Acuña con Ana Torroja sen ruborizarse e deunos a oportunidade de ver ao compositor, produtor e xenio musical que revolucionou o mundo da música (Bizarrap) atuando “ao vivo playback” facendo espaventos diante dunha táboa de pasar o ferro que debía ter algún botón ou algo (igual dous), mentres movía a testa sen que se lle chimparan as lentes de sol nin a pucha (un portento)…aínda que nas entrevistas parecía un memo que non sabía falar e que non tinha nada que dicir, hei de reconhecer que moitas veces as persoas que falan pouco e pasan desapercibidas en público tenhen un gran mundo nos adentros cheo de creatividade, orixinalidade, visión musical… iste non é o caso…musicalmente é un memo mais con titula en grao superior e máster “Pablo Casado”. O intre máis emotivo da noite foi cando o actor homenaxeado (Banderas) nestes premios da imaxe, o dólar e de venderlles aos mozos unha lobectomía en forma de festa, emocionouse dicindo “Creo profundamente no poder da arte a tódolos niveis, da poesía, a literatura, o teatro, a cinema e a música pra a educación. A xente ten que pensar neses mozos que, entrando en profundidade neses mundos, conseguirán algo moi importante: non ser manipulados e ter personalidade pra dicidir sobor as súas vidas”. Dende “Os ricos tamén choran” non vira unha programación de tanto nivel. Unha marabilla, oia.”””‘
(Frank Astro)
Tradución ao galego ceive por Rubem Novo.