Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Dende o BNG de Fisterra queremos darlle as grazas ao noso compañeiro Kuka.
Grazas por traballar arreo durante moitos anos por Fisterra, polas fisterrás e polos fisterráns. Pola súa dedicación ao 200%. Pola súa loita polos dereitos de todos os sectores, sobre todo, o da xente do Mar, pola que partiu o lombo ata en Bruxelas.
Grazas por ser un exemplo de integridade e constancia, por ser un abanderado da nosa ideoloxía, da nosa terra, pola súa perseverancia a pesar das adversidades.
Kuka é un claro exemplo do que debe de ser un político e que rara vez se cumpre: traballador desinteresado, que mira por todos e todas nós, por intentar solventar os problemas da xente, ou, polo menos, intentalo. Cercano e accesíbel para calquera e a calquera hora, un de nós.
Deixa o listón moi alto e será moi difícil para calquera poder chegar ao nivel de entrega e de resolución de Kuka.
Dende a militancia desexámoslle a mellor das sortes nesta nova etapa da súa vida, na que se afasta da primeira liña da política, aínda que coma político de raza seguirá loitando denden as trincheiras pola nosa xente e o noso país.

Grazas Kuka. Mil grazas por todo isto e máis.

#bng #fisterra