banda de punk-rock en ghallegho,
paghando peaxes desde a Costa da Morte.
https://www.instagram.com/p/DIUOsSDsgSe/
https://www.facebook.com/profile.php?id=100090127575026
discos_de_ayer_y_de_hoy
VERBAS
Kondusión Kolérika é unha banda galega dende Muros (A Crunha) formada por Callona á voz/guitarra, Kuber á baixo/voz e Fran á batería. Iste é o seu primeiro disco de título homónimo, doce cancións de punk directo, sinxelo, macarra e reivindicativo, gravadas en Xonix Récords. Pouco máis de vinte minutos de marcha guitarreira coreabel, sen moitos elementos que distraian a atención e con gran importancia dos retrousos particípavos. “Kolerik drive” podería considerarse o comezo do disco, macarreo zapatilleiro co que se interpreta coma unha mestura de inglés e galego. Séguelle “Oda a aughardente” cun ritmo rockeiro pseudo blueseiro, que pasado polo filtro do seu som, entra á perfeción adentros do rolo punkarra. “Bisexual” é diversión escarállante que nos lembra ao espírito dos primeiros Siniestro Total. Estaría ben que nos explicasen a quen se refire na canción “Viquingo farsante”, que seguro que niso reside a metade da graza deste tema tan punketa. “Ou animal” é un medio tempo guitarreiro cunha tonadilla vocal moi adictiva, e un certo resaibo rockeiro. Soben varios pontos a velocidade con “Chamán”, onde amais se marcan a vacilada de facer ponteos coa boca. “Sempre connosco” é coma un híbrido entre Ramones e os primeiros Distorsión pro cun foguete polo cu, pouco máis dun minuto ten a culpa. “Bicho pequeno” conta cun dos riffs máis grosos do disco, mentres que “Altsasu” saca o seu lado máis serio e reivindicativo, acompanhado amais dun dos desenvolvementos máis extensos do traballo. Amósanse comprometidos coa súa cultura en “Defende a galega”, que nos dá paso á acelerada “Supermantido”, denantes de dar por rematado o traxecto coa adaptación punkerizada da sintonía de “El equipo A”, rebautizada coma “Ekipo K”, e que lles serve coma presentación.
Punk moi macarra made in Galiza.