CUBALIBRE | ollar vídeo clipe sen restrición da idade punzando eiquír: https://youtu.be/q7osrK23fW8?is=3lISramMyeJRWrNT
CUBALIBRE
(no galaico CUBACEIVE. Rubem Novo)
Iste curtametraxe foi a primeira coprodución galego-cubana do audiovisual local. Tiven a sorte de imaxinalo (baseándome en dous feitos reais acaecidos en “A cidade onde ninghuén é forasteiro”), de guionizarlo e de ganhare a convocatoria do Concello pra dirixilo.
Pasados case non trinta anos aínda lembro copado a imaxe, no corunhesísimo Bar Borrazás, daquila garbosa funcionaria do ICAIC (Instituto Cubano del Arte e Industria Cinematográfico / Instituto Cubano da Arte e Industria Cinematográfico) folleando sobor a barra un inmensurabel sílabo cos datos de TODOS os actores profesionais da illa caribenha. Eu elixín co dedo, esmagando unha desvaída foto carné, a “o taxista do filme Guantanameira”; artistazo que logo enviaron, dende A Habana ao set de rodaxe espanhol, en tempo e bo xeito.
—
CUBALIBRE-CUBACEIVE (coma o grolo) recibiu aplausos internacionais, pro pra min o único reconhecemento importante foi o de Silvio Rodríguez que, á marxe de concederlle ás Produtoras o emprego no filme de dúas cancións, enviou un FAX á _Escola de Imaxe e Son dá Coruña_ dándome a maior das ledicias calorosamente polo resultado. Pensei por un momento en escribirlle a fin de comprender coma fora capaz de descarreirar o seu Unicornio Azul, mais tamén pensei que non comprendería a pergunta por tratarse dun cantautor COMUNISTA… Porque xa se sabe: os unicornios azuis agasallados non se valoran. Nin se lle olla os cairos. Si. É así. E sabémolo dabondo -e a ciencia certa- grazas ao imparábel progreso da especie. Refírome á humana.
—
Ou seica non é así?
—
[DENANTE CALQUER DÚBIDA aplicar a receita do bailarín/diplomático/filósofo/altruísta/psicopedagogo -especialista en nenas-/showman/ecoloxista _Mister_ Donald Trump: “Non lles des unicornios aos vermellos, ensínalles a abafalos”.]
—
TRADUCIÓN AO GALEGO CEIVE DA MAN DO RUBEM NOVO
VERBAS POLO RUBEM NOVO
ESTUPEFACTO CAST /COPADO-A / COPO-A GZ
CATÁLOGO CAST /SÍLABO / TÁBOA GZ
DIENTE(S)CAST /CAIRO(S)/DENTE(S) GZ
EXTRAVIAR CAST /DESCARREIRAR GZ
ASXIFIAR CAST /ABAFAR GZ

