Endexamais pasou por unha crise compositiva. Nas súas xeiras sempre tocou o material que nese intre fixera. Os seus primeiros discos apenas tinhan instrumentación; a súa das cancións folk que componhia. Mais, aos poucos, e a medida que a súa arte evoluia, foi precisando de máis e cada vez mellores músicos.
Iste, o seu onceavo disco, é o cumio da súa carreira, e xa é propiamente jazz de alto nivel. Está adicado a un dos seus mestres, Charlie Mingus, que participa no disco cantando algunha pasaxe. A maioría de temas son del mais Joni ponlle escrita a todos, incluído o clásico “Googbye Pork Pé Hat”, “Adeus chapeu de pastel de porco”.
Os músicos non poden ser mellores: Jaco Pastorius, baixo; Wayne Shorter, saxo soprano; Herbie Hancock, piano; Peter Erskine, batería; Don Alias, congas; e Emil Richards, percusión.
O disco foi unha obra traballadísima pra a que JM tivo que prepararse a reo chegando a facer tres ou catro versións de cada tema. Nas notas comenta que non podería facelo sen a axuda persoal de Eddie Gomez, John Guerin, Phil Woods, Gerry Mulligan, Tony Williams, John McLauglin, Jan Hammer e Stanley Clark. Oficialmente dise que istas primeiras gravacións experimentais perdéronse, mais existe a lenda que conta que durante os 90 circularon copias entre algúns coleccionistas.
Non sei se será a mellor maneira de entrar ao mundo de JM, mais é un disco que non defrauda endexamais.
Pepe Chas.
Tradución ao galego ceive por Rubém Novo.