Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Ás veces baixas a garda porque cres que estás en boas mans.
E entón asómaste a un cantil só pra sentire, pra desfrutar desa confianza que te invade, desa PAZ que che fai crer que todo está ben.
Máis a vida é imprevisíbel. Ás veces doce, ás veces fero. E sen aviso previo, empúrrate cunha forza tan brutal que te chimpa ao baleiro. Un baleiro escuro, arrepiante, deses que te deixan sen ar e sen respostas.
E xusto nese intre – cando te ves caendo, cando o zoupe contra os penedos parece inevitábel, cando estás quedo, paralizada pola
sorpresa – ocorre o imposíbel.
—-
Xurde.
O anxo máis poderoso e máis bonito que pode existir neste universo.
—-
Sen ruído.
Sen promisión.
—-
Estende as súas ás detrás de ti, apértate cunha firmeza infinda e muda isa caída salvaxe nun voo apracíbel. Un voo cheo dunha PAZ inexplicábel, dunha cachaza que non pertenze a iste mundo.
—-
E entón marmuriate ao ouvido:
“Pensabas que estabas soa?
Endexamais o estarás.
Sempre estarei eiquí, en silencio, vixiante, presto pra rescatarte.
—-
Así que voa quedo… eu sosterei o teu ceo.”
—-
Aí, xusto aí, sentes coma una a una, as plumas das súas ás
ceivanse pra converterse na túa segunda pel.
—-
Cobren as túas feridas.
Pechan as túas cicatrices.
E o teu corpo énchese dunha calidez que non queima, que é sa.
—-
Unha experiencia tan profunda que che reconstrúe dende dentro.
—-
Catártica.
Real.
Eterna.
—-
A vida é exactamente así de bonita:
—-
pola súa imperfeción,
polos seus contrastes,
por todas as súas cores.
—-
GRAZAS.
—-
Mil Grazas ao meu anxo gardián.
—-
Porque hoxe, sen ti, a minha vida fixerse anacos entre as rochas.
—-
E eiquí estou… sorrindo.
—-
Non coma sempre…
hoxe sorrío só pra ti.
—-
💛💛💛💛💛💛
Autora: Inma Hermida.
“La Inma”
Fotografías e vídeo: Inma Hermida.
Música: “La cura” de: Franco Battiato.
—-
TRADUCIÓN AO GALEGO CEIVE DA MAN DO RUBEM NOVO