Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
ALGANORI · Manifesto Éxito
Despois? O “despois” é a mentira máis doce que nos contamos pra non sentir o VERTIGO de VIVIRE.
Despois, direille que a amo.
Despois, pedirei perdón.
Despois, atrevereime.
Mais o despois é un lugar que non existe. É unha promesa que o tempo endexamais asinou.
Despois, a cadeira queda baleira na mesa. De súpeto aparece unha falla nas túas noites. O teléfono deixa de soar. A aperta que non deches xa non ten corpo.
Despois, o orgullo pesa máis que a falla ou… …a falla pesa máis que o orgullo, e o silencio vóltase castigo.
Despois, os días van pasando e pesando con nostalxia, as fotos óllanse con culpa, e o corazón aprende – de máis tarde – que o medo e a preguiza son uns pésimos conselleiros.
Porque a vida non avisa cando será: A derradeira vez. A derradeira risa. A derradeira conversación. O derradeiro “véxote logo.”
E un vai deixando pra “despois” as verbas e os feitos máis importantes… … as viaxes sonhadas, aquela cea romántica, os bicos urxentes, os comezos necesarios.
Ata que un día… Xa non hai despois.
Só queda un cuarto en silencio, recordos que te apertan no peito, e un “se houbese…” que non che devolverá nada do que perdiches.
O “momento” endexamais pide licenza. Só pasa. E ti, estabas a agardar estar preparado.
“VIVE agora… porque o – despois – non visita dúas veces o mesmo cerne.”
Autora: Inma Hermida ❤️ “La Inma” ❤️
PREME NA LIGAZÓN
LA INMA
TRADUCIÓN AO GALEGO CEIVE DA MAN DO RUBEM NOVO
FOTOS DA MAN DA INMA HERMIDA