Henry Rollins elixe os mellores 20 discos do punk
The Clash, Sex Pistols, Ramones e máis saen nista listaxe do Rollins que mistura a grandes nomes coas bandas menos conhecidas.
Henry Rollins, ex-frontman (o home o bordo das táboas musicais) dos Black Flag e unha figura senlleira e unha icona do Punk Rock, tamén colaborou coma artiguista en diferentes medios gráficos amosando a súa ollada sobor a historia e táboas do xénero. Nun dos seus artigos pra A Weekly, Rollins armou unha táboa cos mellores álbums punk xamais feitos.
Na súa listaxe, Rollins salienta a “clase graduada do Punk británico do 1977”, unhas verbas a bandas seminais coma The Clash e Sex Pistols. Estas bandas definiron o espírito cru e rebelde do punk con discos coma The Clash e Never Mind the Bollocks. Amais, sobresae o álbum debut homónimo de Ramones, considerado un piar do punk estadounidense cuxa influenza en innumerábeis bandas grazas o seu som.
A escolma de Rollins engade alghúns álbums menos conhecidos pro igualmente influentes, coma Pink Flag de Wire, conhecido polo seu enfoque minimalista, e Hex Enduction Hour de The Fall, que axudou a tender unha ponte entre o Punk e a experimentación Post-Punk. Ademais,realza a enerxía feminista de X-Ray Spex co seu álbum “Germ Free Adolescents”, amosando que o Punk non só era un som senón tamén unha plataforma pra desafiar as normas sociais.
Rollins tamén abrangue diferentes subxéneros e esceas rexionais na súa táboa. Reconhece a escea Punk do sul da California co Os Anxos de X e “GI” de The Germs, ámbolos capitais no desenvolvemento do Hardcore Punk. Ademais, engade os himnos politicamente cargados de Stiff Little Fingers con Inflammable Material, que apresa a doenza sociopolítico na Irlanda do Norde.
De seguido olla a listaxe enteira.
TRADUCIÓN O GALEGO CEIVE DA MAN DO RUBEM NOVO.
FOTO CABECEIRA DA MAN DE HENRY ROLLINS GOOD TO SEE YOU TOUR 2024-THIA ADELICE.