VERBAS DE PATTY CASTRO:
Somos os creadores do festival Ghallaecia Metalfest.
O obxectivo era celebrar a colaboración entre dous programas e dous países (España e Portugal) e as nosas linguas galega e portuguesa. Fixemos unha ponte entre as nosas escenas metálicas, sen fronteiras, e grazas ao voso apoio, conseguimos facer realidade dous festivais que quedarán na nosa memoria polo apoio do público e das bandas.
Este ano, decidimos dar un paso máis, non só no plano profesional senón tamén no persoal, xa que, ademais de ser compañeiros de proxecto, tamén xuntámonos sentimentalmente. E tras moita reflexión, tomamos a difícil decisión de non seguir co festival,non podiamos con todo.Agradecemos moito as mostras de agarimo e as preguntas pola próxima edición, tanto de bandas como de público! Moitas grazas, para nós foi un pracer unir escenas musicais.
Pero non todo queda aquí! ![]()
Filipe Marta mais eu sacamos adiante un novo proxecto musical que recolle o espíritu do Ghallaecia.
Este proxecto reúne músicos galegos e portugueses para crear un son que reivindique a nosa realidade, os nosos medos e a nosa identidade. Eu serei a vocalista e compositora e Filipe estará á fronte da producción .
Ghallaecia nace co mesmo espírito que tivemos no festival, buscando fortalecer a unión das nosas escenas e dar visibilidade a esa conexión que xurdíu entre Galiza e Portugal. ![]()
O noso primeiro single sae en 2025 !! ![]()
Síguenos nas redes sociais e desfruta do espíritu do Ghallacia!
#Ghallaecia #UniónGalizaPortugal #MúsicaSenFronteiras #Metal #ProxectoComún #Ghallaecia #UniónDeEscenas #PattyCastro #FilipeMarta #galizametálica #sosmetalradioshow

