Vídeo extraído do directo feito por Nao para despedir a súa xira, na que participei durante 2 anos.Última actuación en directo cos meus compañeiros.Un pracer cantar a Xustiza pola man da gan Rosalía de Castro, un poema reinvidicativo e feminista feito no noso idioma. Agasallo das letras galegas de 2024.
VERBAS DE PATTY CASTRO.
Moi bo día das letras galegas 2024! parabéns a tod@s que falamos e escribimos e vivimos en galego a nosa vida.
Un idioma que medrou comigo, que falo coa miña familia, que forma parte de quen son, grazas por darme unha identidade, a galega. Pois independientemente da zona do mundo onde nacemos, o apego e agarimo as tradicións e raíces históricas e culturais conforman unha parte fundamental de como entendo a vida.
Deixovos en honra a grandes Mulleres Galegas Kañeras como Luisa Vilalta, unha canción que interpreto con moito agarimo pois é un poema feito con coraxe, con rebeldía e feminismo. Un canto que puiden lanzar xunto cos meus compañeiros en NAO na derradeira actuación con eles despois da nosa última xira compartida. Miles de grazas a tod@s as que o falades, sexa castrapo, reintegrata, mal falado ou de aldea, a nosa língua fainos diferentes e agarda sempre por nós. Obrigada a miña persoa favorita, Filipe Marta polo vídeo e partillaro amor pola lingua e as letras.
https://www.facebook.com/PattyCastroMarta
https://www.facebook.com/imperatore696
https://www.facebook.com/ghallaeciametalfest
FOTO CABECEIRA PATTY CASTRO DA MAN DE:
Tarta DeQué
Patty Castro e Meigha Grupo en Praza do Teucro.