
Mórdote./ Mórdoche a empanada polo ladiño.
*Dígote./ Dígoche a verdade.
Lévote./ Lévoche hoxe o libro.
Mátote se mo fas./ Mátoche a galiña se me vén á horta.
O TE es TI. O CHE son as túas/outras cousas.
Uns apuntiños sobre os reflexivos.
Me/te/o-a/nos/vos/os-as desempeñan a mesma función sintáctica: Obxecto Directo dun verbo transitivo, que pode ser reflexivo.
Lávome./Lavo as mans.
Míraste./Miras o pelo.
Perdinme./ Perdín o concerto.
Hai diferencia co uso que teñen no castelán.
E agora, a colocar eses pronomes caprichosos!
A primeira regra é case absurda, pero xa hai quen cae na rateira.
-NUNCA comezan unha oración.
Lévoo todos os días.
Créocho ben.
Pódolles asegurar que…
Fágoo con facilidade.
Seino de boa tinta.
Síntoo moito.
Traeramos mañá?
Vímolo.
Volvemos aos pronomes
http://empuje.net/galego-culto-por-a-nosa-mestra-helena-villar-janeiro/ PRIMEIRA.
http://empuje.net/galego-culto-por-a-nosa-mestra-helena-villar-janeiro-dous/2
SEGUNDA.
UNHA MENSAXE DA NOSA MESTRA HELENA VILLAR JANEIRO.
Inda que a lingua de noso non estea normalizada, en por ela é normal e haina que mirar sen prexuízos. Se non se fala igual en todo o país, non percibistes as diferenzas entre o castelán dun cántabro, dun leonés e dun andaluz? Quen os une é a lingua estándar escrita (ou oral)