FOUCHÉ (O xenio tebroso)
Stefan Zweig
Joseph Fouché (1759-1820) foi un dos personaxes máis da historia. A característica fundamental que o define foi que, ao longo da súa vida, endexamais se comprometeu con nada nin con ninguén. Sempre tivo o acume de deixar aberta a posibilidade de trocar o rumbo da súa vida… e miúda vida!
Fillo dun marinheiro moi humilde, foi un neno feble e enfermizo. Moi novo entra nun seminario onde ficara por dez anos; aínda que viste e vive coma un sacerdote, endexamais chegará a ordearse. Alí otivo a súa formación académica.
Ao estoupar a Revolución Francesa —que apoiou con ardencia— entra na Asemblea Nacional no fato dos xirondinos, que eran maioría. Sempre agochado nun segundo plano, na política atopou o lugar perfecto pra mover os fíos sen ter que dar ningún discurso ou falar a vozes. A súa ambición desmesurada, a súa sagacidade e a falla total de escrúpulos fixéronlle saír sempre indemne independentemente de quen tivese o poder.
Cando Robespierre entra en escena a maioría desprázase aos xacobinos, e con ela Fouché, que pasa de ser un monárquico moderado a un republicano radical. Entón convértese en membro do Comité de Salvación Pública e un dos que defendeu e votou a execución de Luís XVI.
Desprazado a provincias encargouse da descristianización de Franza coa guillotina debaixo do brazo. Da forma máis brutal, mata a miles de burgueses e adiñeirados destacando pola súa atuación sanguenta.
Cando Robespierre toma o poder, e a pesares de ser moi vindeiros e case cunhados, convértese no seu pior inimigo. Consegue ser presidente dos xacobinos e finalmente participa ativamente no zoupe de estado de Termidor que puxo fin á ditadura de Robespierre e o seu Comité, enviando a este á guillotina.
Coa chegada do Directorio, Fouché é encarcerado e perseguido pola súa colaboura na etapa robesperriana e ten que agocharse durante tres anos nos que viviu na pobreza extrema.
A súa habilidade política válelle pra ganharse a fiúza de Barras, ao que axuda a rematar coa Conspiración dos Iguais, un tento de derrocar o Directorio e estabelecer un novo réxime. Isto válelle ser amnistiado e empregado coma axente diplomático do gobernho. Entón foi nomeado ministro da Policía.
Dende este posto creou a rede de espías máis complicada que xamais se viu. Dicíase que en Franza non tinha conversa de máis de tres persoas da que Fouché non tivese nova. Así logrou conspirar pra un novo zoupe de estado que ponhería no poder a Napoleón.
Institúo a Oficinha de Censura de Prensa, o que lle permitiu manexar ao seu antollo a opinión pública, creando e solucionando problemas que o facían imprescindibel.
A relación con Napoleón ténsase pola incapacidade deste pra controlalo. Tenta rematar con el mais é imposibel. Remata por nomealo senador, agasallarle uns dous millóns de francos, e mandalo ao retiro con tódalas honras.
Entón comezou a investir na bolsa, converténdose no home máis rico de Franza. Sabía coma inventar novas que creaban alarma pra mercar accións a prezos ridículos que logo subían de valor.
Os fracasos bélicos de Napoleón fan que volva chamalo pra que o axude. A defesa que fai de Franza contra os ingleses válelle ser nomeado Duque de Otranto.
A cousa segue e segue complicándose de mil maneiras ata que Napoleón cae finalmente derrocado. O que nun tempo fora rexicida, negocia agora a restauración do tronho con Luís XVIII a troques dun posto no seu reino coma ministro.
Ao final remata destituído por unha lei que proscribía aos rexicidas. Refúxiase no Imperio Austríaco onde falece de morte natural.
Iste libro, escrito maxistralmente por Stefan Zweig, serviu coma o perfecto manual do “político fillo de puta”, e tamén pra ponher ao descuberto o feble de calquer sistema de gobernho.
Persoalmente creo que non debería faltar en toda biblioteca que se prece.
Pepe Chas.
Tradución ao galego ceive por Rubem Novo.
Foto cabeceira da man de https://historia.nationalgeographic.com.es/