Rubem Novo.
Mércores 14 xaneiro do 2026.
Extremoduro morreu coa morte do Robe Iniesta. Un longo caminho de Rock de batalla, quincalla e poesía marxinal.
Extremoduro ‘Jesucristo García’ Plastic TVE 1990
Morreu Robe Iniesta aos 62 anos neste 2025. O creador -orixinario de Plasencia,Extremadura- da banda de Rock duro EXTREMODURO e compositor de cancións coma “Ama, ama, ama y ensancha el alma”, “Jesucristo García” ou “Extremaydura”.
Morre cunha sona e nun cumio senlleiro do rock espanhol. Nunha carreira musical-letristica que chimpouno ao máis alto do roquerío espanhol, dende que a canción “Extremaydura” comezara a petar entre a penha máis marxinal do mundo rock da Espanha, denantes do seu pulo entre os mozos de calquera eido social.
“Extremaydura” con palabras sobor voitres carronheiros e a súa presenza en Monfragüe, Extremadura, o remate da canción “Extremaydura tus mujeres nos la ponen”, ou seu grande éxito “Jesucristo García” fixo icona da música rock a Robe Iniesta. Un home saído de eidos marxinais, e que asolagara Espanha coas súas creacións chegando ao público de masas
EXTREMODURO – Plastic
(TVE – 1990) – Extremaydura
Robe Iniesta fixo de Extremoduro o vieiro pra a súa expresividade. Extremoduro é Robe Iniesta e Robe Iniesta é Extremoduro.
Robe Iniesta atopouse coa morte o 10 de decembro do 2025. O músico, nado en Plasencia no 1962, morreu en Baracaldo, Pais Vasco no 2025.
A morte do extremenho Robe Iniesta foi por un tromboembolismo pulmonar no Hospital de Cruces, Baracaldo.
Extremoduro – So Payaso
Dende Plasencía, o home que vai encarnar o rock kie comezou a súa andaina co seu primeiro disco “Rock trangresivo” no ano 1989, a primeira gravación dos Extremoduro. Cos anos, novos discos, cancións e letras, Extremoduro, fanse unha realidade, unha presenza no roquerío de Espanha, chegando a ser un influxo social.
Dicir que pra Robe Iniesta a súa creación é literaria, as letras das cancións. Iniesta non foi un músico, senón alguén que a súa teima era a escritura, a poesía, a narración; Extremoduro foi a maneira de que escoitaran as súas letras, historias, narracións, poesía…
Alma de poeta e o rock o modo de espallar a súa escritura.
Extremoduro – La vereda de la puerta de atrás.
Influxos musicais? Pra o de Plasencía non son alicerce, o seu “background” é a literatura. A música de Extremoduro? Chamemosla “Rock Barullo” composición musical? A verdade NON.
Extremoduro era o vehículo pra a súa literatura, e nos seus discos coma Robe Iniesta, trocaba o nome mais era o mesmo.
Chegara o momento pra a súa escritura co libro “El viaje íntimo de la locura” no ano 2009, onde desenvolve a súa escritura, no seu primeiro e derradeiro libro.
A grande achega do home que saíu da Extremadura, e artística e social. A súa creación letristica, poética, entra no cerne da sociedade de Espanha, primeiro entre eidos de persoas situadas nos marxes da sociedade, deiquí xurde a sona do Robe Iniesta, alcumado “O rei dos ionquis”. Mais a súa música-poesía asolaga as masas, a sociedade hispana, chegando a ser un fito entre o persoal e Robe Iniesta no cumio dos letristas que crea frases, verbas, letras, retrousos que o chimpan a filosofo, pensador, cronista. A súa composición letristica convertese en frases bíblicas pra moitos, multitudes e no futuro seguiran sendo iso pra os humanos que caeron baixo o parachuvas do Robe Iniesta.
Louven o músico-literario de Plasencia, non prestarlle leiro ou inhorar a iste.
FOTO CABECEIRA ROBE INIESTA DA MAN DE https://masquealdia.com/

