Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Hai uns anos coñecín a dous irmáns irlandeses que pasaban o vrao eiquí. Un tocaba a frauta e a gaita; o outro o acordeón. Convideinos a casa pra ensaiar xuntos e logo dar un concerto nalgúres..

Ao chegar, e antes de poñerse ao quefacer, pedíronme que lles puxese algún disco de música galega. Coma sabía o que querían atopar, decidinme por un de “A escola de gaitas de Ortigueira”, mais outro amigo músico, que tamén tocaría con nós, detívome con ton indignado:

“Home… por favor!” Se lles vas poñer música galega, ponlles unha de Milladoiro.

“Pois”, respondín eu, “Milladoiro non é precisamente música galega, mais se é o que queres, póñoo”.

E claro, pasou o que tiña que pasar. Os irlandeses ficaron decepcionados. Non sabían quen era Milladoiro, mais súa música non lles contaba nada novo. Con sinais impetuosos dixéronme que volvese a “A escola de gaitas de Ortigueira”.

Despois dos primeiros compases, e cos ollos coma pratos, pregáronme que lles gravase ese disco agora mesmo. Lóxico. A gaita irlandesa ten sordinha, pois durante moitos anos a súa música prohibiuse e tiveron que tocala agochados, sen facer moito ruído, polo tanto, escoitar unha vintena de gaitas galegas sen sordinha tocando a todo farrapo foi como descubrir AC/DC despois de ter só escoitado só  a Enya.

Escribín todo este limiar porque así me aseguro de que moi poucos de vós chegastes ata eiquí e, deste xeito, dicir o que quero dicir, minimizando as consecuencias da súa impopularidade.

Ante a ollada do revoltallo feito polas Tanxugueiras, dicidín ver a súa actuación en YouTube. Endexamáis oíra falar delas. Non vin ao resto dos candidatos que participaron na gala. Endexamáis vexo o Festival de Eurovisión. Sen entrar en detalles técnicos, no que a música se refire, a impresión que tiven foi moi pobre. significaran moito pra a maioría; Non me din nada. Quizais tiñan demasiada navalla, maquiaxe, bailarines e impetuosidade. Seguro que sen todo iso gostaríanme.

PEPE CHAS.

(TRADUCIÓN CEIVE AO GALEGO RUBÉM NOVO)