Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Chamáronlla Phillips, porque así se chamaba o barco que a trouxo, e Wheatley, que era o nome do mercador que a mercou. Nada en Senegal. Em Boston, os negreiros puxérona en venda:

-Ten sete anos! Será unha boa egua!
Foi palpada, espida, por moitas mans. Aos trece anos, xa escribía poemas nunha lingua que non era a súa. Ninguén cría que ila fose a autora. Aos vinte anos, Phillips foi interrogada por un tribunal de dezaoito ilustrados cabaleiros con toga e perruca. Tivo que recitar escritas de Virgilio e Milton e algunhas pasaxes da Biblia, e tamén tivo que xurar que os poemas que escribira non eran plaxiados. Dende unha cadeira, rendeu o seu longo exame, ata que o tribunal aceptouna: era muller, era negra, era escrava, mais era poeta.

A poeta – Eduardo Galéano