Doro Pesch explicou coma perdeu os dereitos de WARLOCK durante unha entrevista.
“Pra min WARLOCK e Doro é un e é o mesmo. É só que tivemos un problema co nome durante moitos anos, mais despois de 20 anos, recuperei os dereitos. O noso antigo axente, que morreu, tamén era o encarregado do noso merchandising, e naquel momento, nos anos 80, vendiamos moitas camisolas e merchandising, así que un día suxeriu que tinhamos que protexer a nosa nome pra que ninguén chamase á súa banda WARLOCK. Despois pediunos os pasaportes e marchouse con iles porque se suponhía que ía ponhelo a nosa nome. Despois estaba em América facendo “Triumph & Agony”, que tivo moito éxito, e xeiramos pola Europa con Ronnie James Dio, mais de súpeto o meu axente american díxome que tinhamos que falare de algo serio. Díxome que o noso axente alemá liscouse e que probablemente teriamos problemas. Díxenlle que o arranxariamos cando remataxe a xeira, así que despois de DIO fomos por América con MEGADETH. Naquel momento eu xa estaba a preparar un novo disco, estabamos no estudo e todo estaba a ir moi ben, mais de súpeto chegounos unha carta dun avogado dicíndonos que xa non utilizaramos o nome de WARLOCK. Tentamos usalo, mais non puido ser. Tivemos unha morea de problemas que nos dixeron que se ollaban un cartaz máis ca nome de WARLOCK demandaríannos e teriamos que pagar 50.000 dolars. Non sabía que facer, mais tinha claro que quería facer música o resto da minha vida, a compaña suxeriu chamalo Doro porque non estaban interesados nunha banda con outro nome, preferían que comezaramos de cero, así que o chamamos Doro pra que cando se resolvese, voltar utilizar WARLOCK. mais iso levou 20 anos. O meu axente, o alemá, foise a Turquía e naquel momento non había móbiles ou internet, non podías ponherte en contacto con il. Poido amanharse. O derradeiro que souben foi que un xornalista holandés da revista Aardschok chamoume e díxome que o noso antigo axente o asasinaran. Ao parecer o envelenaron. Ao final non resolvimos nada con il, mais tenho os dereitos 20 anos despois. Isa é a historia, endexamais quixen ter unha carreira en soitario, mais levoume moito tempo. O que si quería era facer música.”
Doro Pesch.
(Tradución ao galego ceive da man de Rubem Novo).