Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

VÍTIMAS DO FRANQUISMO

NOTA DE PRENSA

Entrega dun escrito a Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia,

o martes 27 de xaneiro ás 10,15 horas no rexistro da Xunta

da praza de Pontevedra da Coruña

RECLAMAMOS Á XUNTA DE GALICIA QUE PIDA A JULIO IGLESIAS A DEVOLUCIÓN DE 300 MILLONES DE PESETAS, CONCEDIDAS EN 1992 POLA XUNTA PRESIDIDA POR MANUEL FRAGA

E SE O ARTISTA SE NEGA, QUE O PARTIDO POPULAR POÑA ESE DIÑEIRO PORQUE FOI O BENEFICIADO DA CAMPAÑA DE JULIO IGLESIAS DE AOPIO ELECTORAL AO PP.

QUE ESE DIÑEIRO SEXA UTILIZADO POLA XUNTA COMO APOIO ÁS ACIVIDADES DAS ASOCIACIÓNS MEMORIALISTAS E DE VÍTIMAS DO FRANQUISMO, ASÍ COMO PARA A RECUPERACIÓN DOS RESTOS EN FOSAS E CUNETAS E REALIZACIÓN DE ENTERRAMENTSO DIGNOS DAS VÍTIMAS DA DITADURA CRIMINAL

Sr. D. Alfonso Rueda

Presidente da Xunta de Galicia

San Caetano

Santiago de Compostela

MANUEL MONGE GONZÁLEZ, DNI 14232518A, membro do Colectivo de Vítimas do Franquismo da comarca da Coruña (presas/os na ditadura e familiares de vítimas do franquismo), con enderezo na rúa Faro-2º esq. 15002 A Coruña.

EXPOÑEMOS

O noso colectivo está a difundir o manifesto NON QUEREMOS A MANUEL FRAGA COMO FILLO ADOPTIVO, no que pedimos as concellos da Coruña e Betanzos, así como á Deputación da Coruña, que retire as distincións concedidas a Fraga en 1965, 1966 e 1968 cando era ministro dunha ditadura criminal, en aplicación da Lei de Memoria Democrática.

Para xustificar esa petición, porque nós non esquecemos, lembramos a dobre represión das mulleres despois do golpe militar de 18 de xullo de 1936 contra o goberno lexítimo da República, como antifascistas e como mulleres. E facemos referencia ao comportamento de Manuel Fraga nas folgas mineiras de Asturias cando chamaba “piojosas” ás mulleres do mineiros que foron rapadas no cuartel da Garda Civil, golpeadas, humilladas e paseadas polas rúas de Langreo.

Fraga, como ministro de Franco e participante na represión tivo outros moitos comportamentos inhumanos. Cando o estudante Enrique Ruano é asasinado pola Policía en 1969 Fraga o presentou como un suicidio (serraron un oso da clavícula do cadáver para esconder un burato de bala), Fraga chamou persoalmente ao pai de Ruano para lembrarlle con amezas que tiña outra filla e esixir que calase.

Cando se solicita permiso para que o poeta Luis Cernuda puidese regresar a España desde o exilio, o ministro Fraga declaraba: “¡Que se quede donde está, ya tenemos bastantes maricones en España!”. A ditadura fusilaba en 1963 a Julián Grimau, dirixente comunista, e Fraga informaba do consello de ministros que aprobaba a súa condena, despreciaba a Grimau presentándoo como “ese caballerete”.

COÑECEMOS

Coñecemos que o cantante Julio Iglesias é acusado por dúas das súas empregadas na República Dominicana de agresión sexual, acoso, humillación e abuso de poder, como recollen todos os medios de comunicación. Alberto Núñez Feijóo cualificaba esas denuncias como “moi graves” e nós pensamos o mesmo, independentemente do recorrido xudicial desas denuncias.

Manuel Fraga, como presidente da Xunta, nomea a dedo a Julio Iglesias en 1992 como “embaixador único de Galicia” do Xacobeo 93. Cobrou 300 millóns de pesetas por actividades de representación e a compra dos dereitos de “Un canto a Galicia”, canción de Julio Iglesias. Ese pago tivo importantes contrapartidas políticas xa que nas eleccións xerais de 3 de marzo de 1996, Julio Iglesias participaba activamente na campaña electoral do Partido Popular e en Zaragoza manifestaba nunha intervención no mitin do 28 de febreiro de 1996: “Mi querido presidente. Qué gusto estar contigo sabiendo que te quiero de verdad… ¡Un beso enorme!”. “Con todo mi sentimiento y mi raciocinio digo que no va a haber un mejor presidente para España que José María Aznar“. Julio Iglesias seguía defendendo aquel apoio, case vinte anos despois: “Sentía que era necesario y yo creo que acerté profundamente en ese apoyo” (Programa Salvados, 2015).

Grazas a esa colaboración política co PP, Julio Iglesias continuou facendo caixa e firmaba en 1997 dous contratos con Eduardo Zaplana, daquela presidente da Generalitat, a través do Instituto Valencianos da Exportación para promocionar o País Valencià e para que acompañase a empresarios desa comunidade en varias feiras internacionais. Zaplana desvelaba en 2001 que pagaron 372 millones de pesetas e que foi un acordo “moi útil e barato”. Julio Iglesias declaraba en 2012 ante o tribunal que xulgaba a Zaplana que recibiu 990 millóns de pesetas.

Julio Iglesias bromeaba sobre o recibido: “Creo mucho en la Comunidad Valenciana, me pagan muy bien… no, es una broma. Solo lo digo para que no me lo pregunte usted”. Pero a xustiza investigou se non era tan broma: investigouse se a Generalitat de Zaplana pagou 6 millóns de euros ao artista, en diñeiro negro e través de paraísos fiscais (Información de LaSexta, 12-1-2026).

Cando Alberto Núñez Feijóo era presidente da Xunta de Galicia, a familia de Julio Iglesias continuou facendo caixa a conta de Galicia, e o seu fillo, Enrique Iglesias, recibía 302.500 euros en 2015 para promoción do turismo de Galicia, a través do videoclip “Noche y Día” do artista.  O contrato foi firmado o 30 de xaneiro de 2015 por Nava Castro, directora de Turismo de Galicia (hoxe alcaldesa de Ponteareas-Pontevedra) e Universal Music Spain, produtora  de Enrique Iglesias. Feijóo dixo que o contrato contribuía a “dinamizar a economía galega”-

O videcoclip “Noche y día” do artista consistía en imaxes de distintos lugares de Galicia, filmadas en novembro de 2014, acompañadas da canción do artista; estes serían algúns dos versos:

Hoy me dijeron que de la noche tú eres la reina

Que tú mueves la cintura con indecencia

Santa Cruz de full bahía

Poca ropa, sudaíta

Fuego puro, agua fría

La vida es un carnaval

Baila de noche y de día

 

COMUNICAMOS

Que no queremos a Julio Iglesias como embaixador de Galicia e, por todo o exposto, .

 

SOLICITAMOS

Que a Xunta de Galicia, que vostede preside, retire a Julio Iglesias o título de Embaixador de Galicia ou calquera outra distinción concedida até hoxe.

Que pida a Julio Iglesias a devolución dos 300 millóns de pesetas concedidas cando Manuel Fraga era presidente da Xunta e, se o artista se nega, que sexa o Partido Popular quen poña o diñeiro, xa que foi o beneficiado da campaña de Julio Iglesias de apoio electoral ao PP.

Que ese diñeiro sexa utilizado como unha partida de apoio da Xunta de Galicia ás actividades das asociacións memorialistas e de vítimas do franquismo, así como para a recuperación dos restos en fosas e cunetas e realización de enterramentos dignos de centos de vítimas da ditadura criminal.

A Coruña, xaneiro 2026.

Asdo. Manuel Monge González, 665998574   vitimasfranquismoacoruna@gmail.com

 

FOTO JULIO IGLESIAS DA MAN DE https://www.europapress.es/