Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

CANLE OFICIAL YOU TUBE DEUSA TOLA

Deusa Tola dúo fundado por Susana de Lorenzo e Xoan Piñón en 2012.
Comparte pezas de DOA como grupo “filial” e amplía o seu repertorio abrindo fronteiras musicais
SONS DO ATLÁNTICO.
Música das beiras do Atlántico
Contacto : (+34) 677783121
Músicas do Mundo “Sons do Atlántico”

Deusa Tola achenganos unha odisea musical atemporal, adentrándose nas raices comuns da súa terra natal, Galicia, e dos sons das beiras do Atlántico; pezas do noso repertorio popular mesturadas con cancións emblemáticas dos nosos tempos: os grandes clásicos da música antiga e contemporánea.
Os integrantes de Deusa Tola son dous músicos de longa bagaxe musical e cunha grande capacidade de integració…n dos seus estilos.
Susana de Lorenzo, soprano, posuidora dunha voz impresionante, chea de emoción e matices, ten creado un estilo musical propio, resultado dunha fusión de música clásica, lirica medieval galego-portuguesa, folk de raices celtas galegas e irlandesas, pop, rhythm&blues, e outras influencias diversas. Comenzou a súa carreira no mundo do pop-rock, evolucionando trasversalmente nos diferentes estilos, ata convertirse nunha das mellores voces da Galicia.
O guitarrista acústico e eléctrico Xoan Piñón, artista polivalente, compositor e arranxista, guitarrista de grande técnica e elegancia, é un dos pioneiros da música galega contemporánea é o introductor da guitarra eléctrica na música galega. Fundador do grupo de folk DOA pertenceu a diversas formacións de música experimental, eléctronica, rock e folk. Piñón leva a cabo un grande traballo de investigación sobre formas sonoras e adaptacións musicais, nunha aposta polo mestizaxe e a música sen fronteiras.
Nos seus concertos Deusa Tola interpreta un variado repertorio que engancha pola súa orixinalidade. Deusa Tola actúa con amplificación ou en acústico e colabora con outr@s músic@s en formato dúo, trío, cuarteto ou quintetO.
VÍDEO CLIPES DE DEUSA TOLA
PREME NA LIGAZOM

Deusa Tola – Irmandade

Deusa Tola. “Irmandade”.
Música de Juan Luis Neira e letra de Susana de Lorenzo.
__ Susana de Lorenzo : Voz.
__ Xoan Piñón : Guitarra Acústica.

Coa colaboración de :
__ Salomé Neira : Violín
__ Javier Carbajal : Contrabaixo

DEUSA TOLA – Non sofre

Cantiga baseada nunha peza instrumental do disco “Arboretum” de DOA. Letra adaptada por Susana de Lorenzo.

Concerto celebrado nas Festas do Rosario de A Coruña 2013. Coa colaboración de Eduardo Coma (violín) e Dani Meléndrez (percusión e roncos)

“Non sofre Santa Maria de seeren perdidosos os que as sas romaria son de fazer desejosos.
E dest’oyd’ un miragre de que vos quero falar, que mostrou Santa Maria, per com’ eu oý contar.
A us romeus mui boos crischaos que a Rocamador foron orar e pois buscaron posada, vynno e carne mandaron comprar e na ola nove postas ca tantos eran foron tirar e acharon en, ha menos, que a sirventa fora furtar.
E chamando a Santa Maria que lla quisesse mostrar, enton oyron e abriron a arca e a posta saltando de acá e de alá.
E sayron aa rúa muitas das gentes chamar que oisen aquel miragre dos maravillosos naquel lugar.”
“Deusa Tola” dúo formado por Susana de Lorenzo e Xoan Piñón, O seu espectáculo “Sons do Atlántico” achenganos unha odisea musical atemporal, adentrándose nas raices comúns da súa terra natal, Galicia, e dos sons das beiras do Atlántico; pezas do noso repertorio popular mesturadas con cancións emblemáticas dos nosos tempos: os grandes clásicos da música antiga e contemporánea.

FOTO CABECEIRA DEUSA TOLA
Deusa Tola en “Implícate”. Teatro Principal. Santiago.
Eduardo Coma, Susana de Lorenzo, Xoan Piñón e Dani Meléndrez.
FOTO ADENTROS FACEBOOK DEUSA TOLA