Ás 22,50 horas rematou o Pleno municipal da Coruña.
Houbo dous temas importantes que, seguramente, serán amplamente tratados mañá polos medios de comunicación, ou non. Por se acaso, aí vai esta información.
1. Defensa do Común e a Asociación de Veciños de Monte Alto presentamos unha moción a todos os grupos municipais sobre a anunciada poxa polo Ministerio de Defensa dunha parcela na rúa Adelaida Muro. Adxunto o texto.
A moción foi aprobada co voto a favor do BNG e a abstención dos demais grupos municipais. Sen comentarios.
Nicanor Acosta.
(Foto cortesía do Facebook de Nicanor Acosta: https://www.facebook.com/nicopropolis)
2. Nicanor Acosta, do colectivo de presos e presas políticas na ditadura tivo unha intervención desde o Escano Cidadán, pedindo que a Corporación Municipal retire a Manuel Fraga a distinción de Fillo Adoptivo da Coruña, concedida en plena ditadura o 24 de decembro de 1968.
-
MOCIÓN PARA O PLENO DE 14 DE XANEIROOs grupos municipais de …………………, …………………, ………………., ainiciativa de Defensa do Común e a Asociación de Veciños de Monte Alto, presentan aseguinte moción para o seu debate no Pleno sobre a poxa polo ministerio de Defensadunha parcela na rúa Adelaida Muro da Coruña.O Ministerio de Defensa anunciaba en outubro de 2018 a venda dun solar de 373 metroscadrados no número 24 da rúa Adelaida Muro da Coruña, a través do Instituto deVivenda, Infraestrutura e Equipamento da Defensa (INVIED), que ten unhaedificabilidade de 1.155 metros cadrados. O importe da licitación por poxa, en terceira,sería de 1,3 millóns de euros e en cuarta de 1,17 millóns de euros. A poxa celebrarase o7 de febreiro de 2019 e o prazo de presentación de propostas remata o 18 de xaneiro de2019.Con esta nova poxa o Ministerio de Defensa continúa actuando como unha inmobiliariadedicada á especulación urbanística, actividade impropia dun ministerio dedicado ádefensa, como xa recollía a moción aprobada no Pleno de 11 de abril de 2016.Grazas a un convenio asinado co concello o 30 de xuño de 1984 e con este tipo deoperacións Defensa ingresou xa case 8.000 millóns de pesetas (sobre 48 millóns deeuros de hoxe). Unha auténtica vergoña!Despois de 35 anos, é hora de acabar con estas prácticas, que deberían ser substituídaspor un criterio lóxico e con sentido de Estado: todas aqueles terreos, solares ou edificioshoxe en poder de Defensa, pero que, en moitos casos, foron terreos comunais oupropiedade do concello da Coruña, e que non son utilizados por Defensa, deberían pasara propiedade do concello da Coruña para equipamentos públicos.Os sucesivos acordos do Pleno municipal e a mobilización cívica conseguiron xa aparalización de sucesivas poxas de tres parcelas no Campo da Estrada-Maestranza polasque Defensa pretendía ingresar 24,8 millóns de euros. Ese é o camiño.Defensa do Común e a Asociación de Veciños de Monte Alto consideran que arecuperación do solar de Adelaida Muro para o patrimonio da Coruña non é,fundamentalmente, un tema administrativo, senón unha cuestión de vontade política. Ogoberno do Estado, o goberno municipal da Coruña e os grupos políticos queconforman a corporación municipal teñen unha responsabilidade histórica e non podendefraudar os desexos xa manifestados pola cidadanía da Coruña para a recuperacióngratuíta destes terreos, como quedou patente na manifestación do 7 de maio de 2017 ena Consulta Popular realizada na Cidade Vella.O barrio de Monte Alto xa perdeu en 2001 un equipamento histórico como o Asilo deAdelaida Muro, despois dunha operación urbanística lamentábel (descatalogación doedificio, retirando a súa protección, e cambiando a cualificación da parcela), rexeitadapor 85 entidades da Coruña. Nunca houbo tanta unanimidade en defensa dos interesesda cidade.Temos unha oportunidade histórica para recuperar na mesma rúa Adelaida Muro unhaparcela para uso público, que podería acoller, entre outras dependencias, un CentroPúblico de Día para Maiores, tan necesario no barrio de Monte Alto.Por todo isto, os grupos municipais de ………..,……….. recollendo a proposta deDefensa do Común e a Asociación de Veciños de Monte Alto, presentan aconsideración do Pleno da Corporación Municipal os seguintesACORDOS1. Instar ao goberno municipal a que as negociacións co Ministerio de Defensa sobre asparcelas do Campo da Estrada-Maestranza, rúa de Adelaida Muro, vello parque deAutomóbiles de Agrela ou outras, estean baseadas na devolución gratuíta das mesmasao patrimonio municipal para uso público, co mesmo criterio aprobado polo Pleno de 11de abril de 2016.2. Instar ao Goberno Municipal a que esixa ao Ministerio de Defensa a suspensiónindefinida da poxa da parcela do número 24 da rúa Adelaida Muro.3. Instar ao Goberno Municipal a que faga pública a vontade de cambiar a cualificacióndesta parcela de Adelaida Muro para que pase a dotacional e impedir así a súa vendapara a construción de vivendas.4. Consultar á veciñanza de Monte Alto a súa opinión sobre o uso público desta parcelade Adelaida Muro. Neste sentido, o Goberno Municipal comprométese a convocar, encolaboración coa Asociación de Veciños de Monte Alto, un Concurso de Ideas sobre ofuturo uso desa parcela, dentro dun Centro Social Adelaida Muro.A Coruña, 9 de xaneiro de 2019.Portavoz do grupo municipal de …….. Portavoz do grupo municipal de …….Portavoz do grupo municipal de ……. Portavoz do grupo municipal de …Nicanor Acosta.(Foto cortesía do Facebook de Nicanor Acosta: https://www.facebook.com/nicopropolis)
-
Intervención de Nicanor Acosta desde o Escano Cidadán. Pleno da Coruña de 14 de xaneiro de 2019Sr. Alcalde.Diríxome a esta dignísima Corporación en nome do colectivo de presos e presas políticas na ditadura e comoRepublicano de Honra 2015, cando se cumpren 50 anos da concesión a Manuel Fraga pola Corporación daCoruña da distinción de “Fillo Adoptivo”. Somos persoas que coñecemos ben a represión durante corentaanos de ditadura e sabemos o papel que xogou o “Camarada Fraga”, así era o tratamento entre os fascistas easí era recollido no Boletín Oficial do Estado en 1961cando Franco agradecía a Fraga os servizos prestados áditadura.Dicía Julián Casanova, catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Zaragoza, no seu artigo“Impunidad y olvido: de Fraga a Vox”, que no disco da biografía de Fraga hai dúas caras. Unha a cara A,que será difundida mañá, 15 de xaneiro, cando se cumpre o sétimo aniversario do seu falecemento. Pero haioutra cara B, secuestrada ou silenciada, que queremos difundir.O manifesto NON QUEREMOS AO “CAMARADA FRAGA” COMO FILLO ADOPTIVO quefixemos público presas e presos políticos, é un acto de valentía e de defensa da dignidade das vítimas dofranquismo porque nós non esquecemos e non podemos calar. Queremos difundir que Manuel Fraga foidurante case corenta anos un activo militante fascista ou franquista, desde a súa afiliación a Falanxe en 1937.José Manuel Caballero Bonald, escritor e premio Cervantes 2012, manifestaba que “Fraga se convirtió enuno de los máximos secuaces de la camarilla de Franco y sus actuaciones represivas propiciaron duranteaños la falta de libertades y la persecución de disidentes. Fue en puridad un cómplice de algunos de losasesinatos llevados a cabo en la última década del franquismo”. E Jorge Semprún, escritor e ex–ministro doPSOE, definía así as súas responsabilidades políticas: “Fraga fue un de los ministros que fusilaron aGrimau”.Non podemos esquecer que, como ministro de Información e Turismo, e despois como Vicepresidente paraAsuntos de Interior e ministro da Gobernación, Fraga foi partícipe e cómplice de toda a política represivaque se aprobaba no Consello de Ministros: fusilamentos, cárceres, campos de concentración, despedimentos,exilio, Tribunal de Orde Público (TOP), graves violacións dos dereitos humanos, expedientes a xornalistas,peche de medios de comunicación e asasinatos de traballadores.No período de abril de 1968 até abril de 1969, Fraga abriu 201 expedientes administrativos que, enaplicación da Lei de Prensa e Imprenta de 1966, culminaron en 118 sancións, entre elas seis multas a La Vozde Galicia. Alberto Míguez foi sancionado con 50.000 pesetas e condenado polo Tribunal de Orden Público(TOP) a seis meses de cárcere pola publicación en 1965 de “El pensamiento político de Castelao”.Fraga é o ministro que cualificaba como “piojosas” ás mulleres dos mineiros que eran rapadas no cuartel daGarda Civil, golpeadas, humilladas e paseadas polas rúas de Langreo. O ministro de “La calle es mía”. Oministro da violencia, que provocou o asasinato de cinco traballadores en Vitoria e de dúas persoas enMontejurra. O político que mantiña excelentes relacións con fascistas e ditadores de todo o mundo, comoPinochet; que xustificou os crimes dos GAL, cualificando ese terrorismo de Estado como “Movimiento deAutodefensa”; que disculpaba aos golpistas do 23-F, manifestando que “estaban llenos de buena voluntad”.Nnunca manifestou arrepentimento, nin pediu perdón polos crimes do franquismo. Como servidor dofranquismo, que sempre recoñeceu, non merece recoñecemento social.CONFIAMOS EN QUE ESTA DIGNA CORPORACIÓN TEÑA TOLERANCIA CERO COFRANQUISMO E OS SEUS COLABORADORES, E QUE MOITO ANTES DO MES DE MAIORETIRE A MANUEL FRAGA A DISTINCIÓN DE FILLO ADOPTIVO.