Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

https://defensadocomun.gal/

Bo día!

Achego nota de prensa relacionada coa situación actual da parcela número 2 da Maestranza que, como sabedes, está xudicializada,
Un cordial saúdo.
Ricardo Vales
PREME NA LIGAZÓN
DEFENSA DO COMÚN ADVIRTE AO GOBERNO LOCAL DE QUE A PASIVIDADE NA RESOLUCIÓN
DUN RECURSO DE LIPROMO (PARCELA P2 NA MAESTRANZA) PODE DERIVAR EN GRAVES
PERXUIZOS E RESPONSABILIDADES.
Defensa do Común presentou hoxe un escito solicitando que o goberno local resolva un recurso de
Lipromo contra da condición de eficacia da licenza de obras.
Lipromo presentou solicitude de suspensión cautelar de dita condición, e dado que o goberno local
non resolveu en prazo, está suspendida, co cal a promotora podería comezar as obras.
Tanto o Estudo de Detalle como a licenza de obras foron obxecto de recurso por DDC, estando
pendiente de sentenza polo TSXG o referido ao Estudo de Detalle.
Defensa do Común (DDC) presentou hoxe un escrito no Concello instando ao goberno local a que
resolva canto antes o recurso de reposición que a promotora Lipromo presentou o pasado
05/09/2025 contra da condición de eficacia diferida da licenza de obras nunha das parcelas da
Maestranza.
Dito recurso de reposición foi coñecido agora por DDC, á vista do expediente remitido polo
Tribunal de instancia 1, no procedemento contencioso interposto por DDC contra dita licenza.
DDC lembra ao respecto que cando o goberno local outorgou a licenza de obras a Lipromo puxo o
condicionante seguinte :
Esta licenza concédese sobre o proxecto básico, coa súa eficacia diferida a que
se presente, e verifique, e o proxecto de execución que o desenvolva, co preceptivo visado colexial, que se
achegará co modelo de comunicación municipal oficial, e a documentación completa que se relaciona neste,
e a notificación das resolucións xudiciais relativas ao proceso contencioso administrativo que se sigue
respecto do Estudo de detalle parcela 2 PERI A Maestranza, aprobado definitivamente polo Pleno municipal
na súa sesión do 14-12-2023, publicado no DOGA 08-01-2024, BOP do 08-02-2024, e incorporado ao
Rexistro de planeamento o 05-02-2024, que non foi suspendido nin en vía administrativa nin en vía
xurisdicional”.
Dito condicionante tiña a evidente finalidade cautelar de evitar que a promotora executase as obras
mentres o TSXG non se pronunciase contra do Estudo da detalle (nun contencioso que xa está rematado,
unicamente pendiente de sentenza), dado que se o TSXG anula dito instrumento de planeamento, iso
suporía a anulación da licenza (que tamén foi obxecto de recurso contencioso por DDC), coa correlativa
obriga de demolición das obras construídas ao seu amparo.
No recurso de reposición interposto por Lipromo contra dito condicionante solicitouse a suspensión do
mesmo, e dado que transcurríu o prazo dun mes sen resolver, dito condicionante pode entenderse como
suspendido (en aplicación do art. 117.3 da Lei 39/2015) , co cal Lipromo podería executar as obras.
No escrito presentado hoxe por DDC advírtese dos graves perxuizos (para os compradores das vivendas
como do propio Concello) que poderían derivarse pola pasividade e inacción municipais ao non resolver o
recurso de Lipromo, moito mais cando a promotora xa está en fase de comercialización publicitaria de
venda das vivendas nunha web propia e en portais inmobiliarios (nos que mesmo se publicita o inicio das obras para finais deste mes).
A Coruña, 18 marzo de 2026
Defensa do Común