Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

VERBAS DOS KREZE.

Ola, somos Kreze e rematamos de gravar o noso primeiro disco “Ser”.

O traballo agochado detrás dun disco é un proceso realmente complicado. É necesario contar con unha morea de recursos técnicos e persoais. Som moitas horas de traballo de pre e posprodución pra que o froito sexa tanxíbel nas cancións. Ensaios, gravación, mistura, masterización e impresión dos CD físicos… Som moitos as pegadas que hai que dar pra que o disco chegue ás nosas mans e ouvidos. Por iso percorremos a ista plataforma pra atopar unha forma de financiamento onde ofrecer, en troques das vosas achegas, o resultado do noso traballo e do noso crecemento coma colectivo.

Foi un longo proceso dende que comezamos a xerminar istas cancións, ata que por fin as ollamos florecer. Unha coleción de 11 temas. Un álbum conceptual no que se contan varias historias cun mesmo fío condutor ao longo das emocións, contén unha mensaxe clara e concisa sobor o dano que facemos ao noso planeta en todos os eidos.

A nosa música tenta tocar a ialma, espertando sensacións e conciencias, atopando un albiscar de luz e esperanza entre tanta escuridade neste mundo caótico cheo de guerras, fame, desigualdade, troco climático, conformismo, etc… Vendo coma se afunde o barco, segueremos tocando os nosos instrumentos de corda premida e corda frotada, querendo construír un mundo máis xusto grazas á música, ofrecendo un agarimo sonora pra curar feridas.

Pra crear iste álbum e sacalo adiante, demos o noso corazón e ialma. Encantaríanos que formaras anaco desta viaxe visceral.

Agradeceríamos moito que nos acompanhases nesta fermosa viaxe.

MÁIS INFO:

https://www.goteo.org/project/primer-disco-de-kreze

TRADUCIÓN AO GALEGO CEIVE DA MAN DO RUBEM NOVO.