Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

O que lee alén das verbas e non lee os caracteres lee o significado e logra o seu coñecemento a súa meta.
O que ten sentimentos acada pois entender dalgunha forma o seu corazón.
Discernir xa e un logro.
E acadar senso unha inspiración.
Non so o que escribe forma parte xa que todo e, tamén o lector e participe interpretando.
O verdadeiramente importante e o significativo polo tanto a mensaxe que e a forma de transmitir e a forma o significado verdadeiramente importante para que o lector acade un sentimento.
O lector polo tanto está sentindo e latindo co escriba.
No bulir das verbas no vir dos sentimentos se calibran os sentidos.
Todo toma forma significado e contido toma forma e a mensaxe xa se transmitiu.
O lector a lido todo o transmitido e a sentido todo o que desexou.
Xa que querer e bo e habedes de ser bos con migo a todos os que ledes escribides tamén con migo.
Co corazón que escribo os digo que no templo das verbas das súas fermosas formas a importancia está en la cúspide do significado.
Alén da súa orixe na  morfiloxía alén do seu idioma as verbas teñen un poder unha capacidade de transmisión e adquiren vida do pincel do escriba.
Enigmática hermética eclíptica no remate o fin o cabo a mente un labirinto unha espiral unha corrente enerxética no que os pulsos ou latexos mentais son espallados nun abanico finito de autoleitores polo cal o que transmite e plasma no seu idioma non pode ser privado de facelo.
Rompe o ciclo vital das verbas e atentar contra a evolución e atenta contra nos mesmos como seres racionais con formas e caracteres de expresión propia.
Xa que as verbas son sumamente importantes que son incluso merecedoras de estudio teño medo que as miñas esmorezan nalghún tellado baldeiro.
Neses vellos tellados da miña aldea mollados de inverno ; mutantes tellas anacos de lama mexer polos ventos gobernantes.
Botando fume polos seus motores ecolóxicos.
E esgrimindo as súas garabatas oficiais.
Deixádevos de letras e de baralla que a Terra ten un andazo
As cumes  treboadas manirrotan mentes e recursos.
A cume aillase no interior de nos mesmos na Nosa mente no noso corazón.
Discernir faise necesario xa que e o que nos mostra a capacidade de entender e evoluir
O ben o mal que se escriben as cousas so importa as vegadas pero o significado si o e.
Pero o remate e un feito o silencio e hai onde as miñas verbas toman vida nas vosas mentes de forma que forman as vosas ideas e hai na conciencia onde pouso as miñas verbas:
O mundo sufre!!
Sufre por unha alma escura que mora y asoballa, mutila, viola, profana unha alma que succiona a vida que exprime os recursos contaminan ca súa putrefacta economía.
Enferma e contaxia a súa escura sombra.
O seu anonimato.
Non hai mais que hipocrisía toda cúspide alá un final.
Non fagamos que isto sexa un vórtice no tempo infinito.
Xo!!
O mundo debe romper as cadeas da escravitude.
O espírito do ser hum@n e ceive.
Como un espírito ceive camiña capacidade de discernir en vixencia e como narrador ou poeta omnisciente digo.
Como narrador dos meus pensamentos e na miña lingua dende o meu interior con maior o menor gracia que o mal no mundo e o poder e a súa mellor obra a moeda.
A moeda motor económico dos modernos estados.percusora das economías globais.
Como rachar os elos do poder como caer nun mundo apocalíptico.
Canto traballiño  a sufrir.
Verbas escusas mentiras.
Cómo nos seres humáns somos culpabeis a ollos do universo de manter a desorde nas cousas de atentar contra a vida dun mesmo e do planeta e masacrar e modificar a mente da próxima xeración de seres que moraran na Terra.
Poboadores do sistema solar que gozades de este privilexio na Terra como no ceo un planeta que outorga vida forza poder materia enerxía que desfrutades destruíndo odiando; odiando ao próximo ata odiarse a un mesmo.
Sentiredes a dor e o xugo dun labor ermo e eterno.
Onde non se potencia unha idea unha habilidade .Unha alma e colocada historicamente e estoicamente no ciclo formativo educativo sen filtro no libre albedrío.
Adeus o unicornio branco.
Fénix da mente.
Profeta de andar pola casa.
Somos marcados no ADN cas letras propiedade do estado.