EMPUJE.NET da luz a unha nova creación do arxentino máis tolo e alcohólico, non é outro que José Luís Ducid “el politoxicomano”.
A xestación (sen SEXO de anteman) do disco/LP/álbum “¡Se confiesa!” de CASANOVA DE EIRÍS niste vrao do 2024 chegou no xullo do ano do senhor 2024 e SI Empuje NON estivo nos chaos onde fíxose o crime(s).
Dende xullo rula iste trebello chamado CASANOVA DE EIRÍS despois doutro crime do Ducid coma foi “FUE DURO SAIGÓN” un sinxelo, dúas cancións, uns xeradores de som e a merda… imos a outra cousa.
Disponhíbeis vinilos de “¡Se confiesa!” nas mans de José Luís Ducid e Nonito Pereira Rey onde atoparedes a tolería do Ducid.
JOSÉ LUÍS DUCID.
https://www.facebook.com/profile.php?id=61559572004711
NONITO PEREIRA REY.
https://www.facebook.com/nonito.pereira.rey
Empuje non chegou a estrea dende a Cidade Estado de A Crunha diste sidi do Demonho mais agora Empuje colle pulo aos 25 anos de existenza de EMPUJE.NET.
SEMPRE ESTIVEMOS, ESTAMOS E ESTAREMOS.
do CASANOVA DE EIRÍS,
as moléculas tremerán.
E nos voltaremos ollar
“… Ao remate da escoita [dos once temas] convertiámonos en avogados do vampiro. Dun personaxe chamado CASANOVA DE EIRÍS saído do verdadeiro underground, ceive das tendencias hexemónicas e dos límites do mercado, que serve coma vehículo de expressom pra as paixóns vitais e sonoras dos seus creadores e de todos os músicos e acróbatas que subliman e asinan en A Crunha, a ideación, gravazom e render dun xenuíno obxecto artístico necesario, irrepetíbel e afouto; as do vampiro que bebe a vida coma se serve, xocosa e tráxica, que nos transmite baixo avinza de sangue o seu Élan Vital, ise que arrinca cos seus cabeiros das persoas que de verdade saben ollar e escoitar, coma alimento e cun pulo dun instinto primitivo; dispón da eternidade pra si e vívea coma se tivese os días contados.”
Fallan só 9 (nove) días pra o lanzamento DIXITAL do novo álbum de CASANOVA DE EIRÍS “¡se confiesa!”
Relaxádevos e respirade fondo.
Álvaro Dorda está con Luis Fernández Leiro e
Non deixemos que ises LPS fiquen nas súas caixas morrendo ou seica si durmindo un sonho eterno e levade un exemplar o voso lar, ranhicas!!
PD: No MERCADILLO DO DISCO contaremos coa presenza estelar do DJ Luís Leiro.
HOMENAXE A KRPNTA
Iste domingo no horario de sesión vermú -sobor as 14.00- a organización relanzará o álbum CASANOVA DE EIRÍS “¡se confiesa!”, obra póstuma do músico crunhés Pablo KRPNTA Abeijón, membro de Fósiles y Artefactos e de Doctor Spectro, falecido a finais do ano pasado.
Iste ato de difusión e homenaxe salientara o valor creativo de Abeijón, apontan Pereira e o tamén artista José Luis Ducid, quen man a man con KRPNTA e o produtor JMekka fixeron unhas bases gravadas que acompanhan con letras faladas, un senlleiro proxecto espallado en 200 copias en vinilo (amais de estar disponhíbel en formato dixital nas plataformas) que os responsábeis definiron coma happy-darky-dance…”
Se todo sae OK vémonos o vindeiro domingo, 11 de agosto, no Mercadillo do Disco (rúa Real, 86) á 14.00 h. Se todo sae mal só escoitaredes o disco. Por certo, estaría ben que mercarades algún, mada de ranhicas.
atinente..
AS OUTRAS DÚAS ARTEIRAS
TERANAS QUE OPERAR
mais acadaron arredar a minha testa
da de Luís Leiro e, á súa vez,
-coma podedes ver na foto-
extirparlle a do José Manuel Sande,
o seu irmán siamés,
que xunto coa de Nonito Pereira
xa suman tres!
Por iso o domingo 11
ás 14.00,
na rúa Real, 86,
iles serán
as estrelas crunhesas
do techno-pop.
[Hei, estou a reporme
no cuarto 819, traédeme un grolo
(anteponhades vinho tinto)
psicotropinhos aínda non.]
ollándome espido
fronte ao espello da latrina
dun Hospital Público espanhol
lembrei
cando os arxentinos
sentímonos capaces de arolar
-coa axudinha franco/británica-
unha versión ceive da
PESTE
(moi ceive
ceive de Camus, por exemplo)
e tamén lembrei que traballar
de ‘morto-doado’
naquila superprodución
C I N E M A T Ou G R Á F I C A significaba
máis ou menos
20 (vinte) eurazos a cotío…
Chegando ao Sindicato de Extras
coas minhas dúas fotos
4 x 4
ví un balbordo con fotos
4 x 4
de pé
ao sol
novos esforzándose
por ser elixidos
alghúns pregando
outros rifando
a orde de chegada
nais con nenos chorando
xubilados berrándose
actores sen ocupación
que o aturaban
con profesionalismo
todos no Sindicato de Extras
loitabamos
por un lugar digno
na buraca común.
Cando me chegou a quenda;
unha estranxeira tinguida de verde
recolleu as minhas fotos
dicíndome que o laiaba
“… muchou, muchou…”
pero que procuraban
“… corpos máis enmagrecidos…”
Eu salaiei:
-Ogallá a peste
sexa así de boa.
JLD
[o domingo 11 é o meu cumpre]
Coa intervención do músico e produtor JMekka, os 11 cortes do LP preséntanse por fin en vinilo -xa poden escoitarse en todas as plataformas dixitais- grazas a iBREAKS, GourmetSound Estudo e a colaboura de locutores, instrumentistas, deseñadores, técnicos e mecenas amigos.
Iste traballo ten, amais, a particularidade de ser unha estrea póstuma: Pablo KRPNTA Abeijón faleceu o mes de novembro do ano pasado abandoando as pistas das discotecas de A Crunha de forma inapelábel. Con todo…
os seus siaeiros incondicionais e os verdadeiros curiosos poderán vibralo o vindeiro 18 de xullo -día do Lanzamento nacional- na prestixiosa sala BDLR (calle/rúa Socorro 59, 15003) a partires das 22.00 h.
O billete = 8 euros. O billete e VINILO =14 euros. A saída…, ollaremos
E ti… Se non o escoitaches, non sei… a que demonhos estás a agardar?