Conexión con algo máis grande ca ti, máis centrado, abrazando a raíz que non tés, medrando con ela cara arriba e sabéndote unha con todo. Debemos salvalas porque elas nos salvan e nos sosteñen cando esquecemos o que somos: un sopro no vento, o brillo dunha gota de orballo.