Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Tony Torres Fsb

O día que lin que voltavan Sex Pistols só pasáronme dúas cousas pola testa, vaia desfeita vai ser isto e ao mesmo tempo pensei que isto era lendario, moi contraditorio pola minha banda, seino.
O que si é palpábel é que era unha moi dubidosa xeira de xuntanza, ninguén sabía que acaecería aínda que fallase o incontrolábel ecarismático Sid Vicious, o resto tamén eran unha incógnita coma respostarian.
Sex Pistols cun só álbum removeron o mundo e a día de hoxe o “Never Mind The Bollocks” continúame parecendo o mellor disco de Punk Rock da historia e un dos 20 discos que me levaría ao cabo do mundo.
O primeiro pra sobresaír é que contasen con Glen Matlock ao baixo, era o máis lóxico e iso facía que tivese máis senso que os Sex Pistols orixinais voltasen á estrada.
Desta agardada xeira editan iste “Filthy Lucre Live” que me parece unha verdadeira alfaia, se que moitos eruditos renegan del, mais pra gostos cores, que se xa non som Sex Pistols, que se o fan por cartos ( Loxicamente, xa lles roubaron abondo nos 70) que sen Sid Vicious non ten senso (falamos do que realmente era o mestre da banda ) , pois si, lense moitas opinións dispares, a minha ista mais que clara … FLIPAME.
Soan espetaculares, nótase que ensaiaron e non quixeron dar vergonha polas táboas, as cancións soan tallentes, o son do disco é demoledor, soa nítido, natural, mais con moita forza e realmente nótase que a banda istá em moi boa feitura e os retoques de estudo vans.
Dende o arrinque con “Bodies” que é unha tolemia e aínda que non estás entre o público sentes cada empurrón e mistura de suor que acolles mentres soa ista tolemia, brutal
Marabillosas “Seventeen” e “New York”, tocadas con carraxe.
“Non Feelings” é das minhas tolemias favoritas, mais quen non se vai a voltar tolo con ista canción, é a mellor banda de son de calquera día de festa.
Ista claro que cun só disco editado os Pistols interprétano enteiro máis as súas facianas B coma “Satellite”. “Did You No Wrong” ou “Submission” que som verdadeiros temazos, na edición xaponesa tamén aparece a cover que fan de The Stooges “Non Fun”.
O acabamento deste xénero de discos é que son necesarios, se ademais sumámoslle a que a banda respostou e sen perder a súa atitude Punk soaron coma unha verdadeira banda e ben engraxado.
Johnny Rotten istá fantástico vogaimente e aínda que moitos non o reconhezan foi e é un dos cantantes máis da historia do rock, sen dúbida un referente pra moitos artistas.
Steve Jones, impecábel, poderoso, soa inxente e os riffs de cada canción istán tocados cunha enerxía envexábel.
Glen Matlock, O verdadeiro e auténtico baixista dos Pistols, ademais de compositor, non tería a imaxe perfecta, nin o carisma que procuraban, mais se se trata de música ninguén mellor que il pra ista banda.
Paul Cook, entranhábel, carismático e sen ser un batería envexábel o seu papel na banda é impecábel, neste concerto amosa que non todo é a técnica ou ser un superclase pra soar coma un.
Pois iso, se es dos que entenden que as bandas coma Sex Pistols debíannos unha iste é o teu disco, pándego dende a primeira á derradeira canción.
Eu xa sentinme pagado con iles.
Se queres que un martes de choiva convértase nun sábado solleiro… Pica eiquí
Sex Pistols – ‘Filthy Lucre Live’
Unha escrita de Tony Torres.
TRADUCIÓN AO GALEGO CEIVE DA MAN DE RUBEM NOVO.

Sex Pistols ~ live in USA 1978

(Engadido a resención por Rubem Novo).
FOTOS UNHA ACHEGA DO FACEBOOK DO TONY TORRES.