.@anaponton na @TVGalicia: «Non podemos seguir cunha política fiscal que consiste en darlle agasallos e máis cartos a quen máis ten e recortar nos servizos públicos que necesita a maioría social. A crise de prezos non lle afecta igual a quen cobra 100.000 que a quen cobra 10.000» https://t.co/bRhwswROKY
.@anaponton na @TVGalicia: «Hai que frear o boom eólico depredador e hai que poñer esa enerxía ao servizo do país, respectando o medio ambiente e o medio rural, e facendo que os beneficios non acaben no peto do lobby eléctrico, senón que sirvan para xerar emprego en Galiza.» https://t.co/c9enfiA3EZ
Propostas BNG: máis equipos de valoración, axudas para a mobilidade nas vivendas, aumentar a axuda á domicilio e o transporte adaptado, regulara a figura dx asistente persoal
Luís Bará lamentou a deixación do Goberno galego coa confirmación de que non será creado até a posta en marcha da Estratexia Galega de Acción Exterior (EGAEX) como confirmou ao BNG o propio director de Relacións Exteriores, Jesús Gamallo
Mercedes Queixas avoga por recuperar o consenso lingüístico que o PP rachou de maneira unilateral co “decreto da vergoña”, e con políticas desgaleguizadoras impulsadas dende a Xunta durante doce anos
Néstor Rego anuncia emendas ao RDL 6/2022 para eliminar os artigos 6 e 7 que modifican a tramitación dos parques entre 50 e 75 MW e eliminan a Declaración de impacto ambiental e a participación cidadá na tramitación dos parques eólicos.
“O BNG tivo que votar en contra desta Lei que, na súa redacción final, é o resultado da submisión de PSOE e PP ao duopolio televisivo e que, ademais, abre a porta á privatización dos medios de comunicación públicos”, sinala Rego.
Rego demanda información sobre as reunións mantidas por Renfe, a través do Comité de Clientes, cos colectivos e persoas usuarias após as protestas e denuncias polos cambios de horarios na Galiza na liña do Avant.
Néstor Rego lamenta a oportunidade perdida que supón o Anteproxeto de Lei de Creación da Autoridade Administrativa Independente de Defensa do Cliente Financeiro por non avanzar nos dereitos das e dos usuarios
Encontro co presidente da Generalitat, Pere Aragonés, no que tamén abordaron a contribución das forzas nacionalistas e soberanistas na defensa das políticas sociais e liberdades e como freo á dereita e extrema dereita
Mercedes Queixas propuxo duplicar o investimento dos orzamentos da Xunta para o sector do libro e crear o Instituto Rosalía de Castro para deseñar a difusión e proxección internacional da lingua, literatura e cultura galegas
O deputado Néstor Rego lamenta a oportunidade perdida e a falta de vontade dos partidos do Goberno para asegurar o dereito a acceder a contidos na nosa lingua e para apoiar a produción independente
Axilizar o traspaso da AP-9, crear tres novos xulgados de violencia de xénero, abrir o proceso de novas transferencias á Galiza e resolver o problema dos emigrantes retornados, entre as medidas que deberán ser implementadas no curto prazo