#GalizaViva – Día da Patria do BNG – 2016 4K
GzVideos agregó un nuevo video: #GalizaViva – Día da Patria do BNG 2016.
#GalizaViva – Vídeo da grande manifestación do Bloque Nacionalista Galego neste#DiadaPatria. Cun temazo de Biribirlocke
Lembra clickares en HD para o ver na máxima calidade.
> Ligazón ao youtube, onde o podes ver en 4K https://www.youtube.com/watch?v=qKDXJSfr6jo
Día da Patria 2016
Así veu Sermos Galiza o Día da Patria Galega #GalizaViva
Vídeo resumo da manifestación do Día da Patria 2016 en Compostela. [Imaxes: Irene Pin]
Puntadas para construír unha Patria. En 1923 a Irmandade Nazonalista Galega (ING) encarga unha bandeira, custa en xunto 10 pesetas e 20 céntimos, a sarga branca e o satén color do ceu mais “non se cobra a feitura da bandeira porque así é a vontade das nenas que a fixeron” FELIZ DÍA DA PATRIA!
“Cando berro Viva Galiza Libre non fago máis que reclamar para a miña Terra vida e liberdade; e ao reclamar para a miña terra estes dereitos, veño a recoñecer tamén os mesmos dereitos para todas as demais terras, é pois, un berro de amor, un berro de irmandade.” (Peña Novo, A Nosa Terra 15/4/1922)
Tal día como o de hoxe de 1967 morría Lois Peña Novo, o 1º concelleiro nacionalista da Coruña.
O Consello Nacional do BNG aprobou as candidaturas ás eleccións galegas pechando o proceso previo de debate e votación nas asembleas comarcais celebradas ao longo das últimas semanas por todo o país. As listas presentada pola dirección sobre as propostas da militancia obtiveron un apoio do 92% por parte das bases, e foron aprobadas sen…
O Consello Nacional aproba as candidaturas tras ser refrendadas polo 92% da militancia
O Consello Nacional do BNG aprobou as candidaturas ás eleccións galegas pechando o proceso previo de debate e votación nas asembleas comarcais celebradas ao longo das últimas semanas por todo o país. As listas presentada pola dirección sobre as propostas da militancia obtiveron un apoio do 92% por parte das bases, e foron aprobadas sen ningún voto en contra por parte do CN.
“Son os rostros da alternativa do BNG nas vindeiras eleccións, persoas comprometidas con capacidade para dar a cara por Galiza e para poñer por diante os intereses dos galegos e das galegas”, sintetizou a portavoz nacional e candidata á Presidencia, Ana Pontón, secundada polas cabezas de lista pola Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, Xosé Luís Rivas, Mini, Olalla Rodil, Noa Presas e Luís Bará, respectivamente.
As candidaturas conxugan renovación e experiencia, con persoas de toda as idades e de todos os ámbitos profesionais e produtivos, desempregados ou precarizados, persoas implicadas na transformación dos concellos desde o traballo municipal, en plataformas en defensa da sanidade, do ensino, do feminismo, no ecoloxismo, comprometidas coa cultura e a lingua, na defensa de dereitos básicos e dos servizos públicos.
“En definitiva, apostamos por reflectir nas listas a Galiza de hoxe, comprometida para loitar polo futuro”, resumiu a portavoz nacional, “e dar unha alternativa ao desastre do PP”.
Pontón puxo en valor que o BNG ten os deberes feitos, tras ser a primeira forza política en elixir candidata á Xunta e en aprobar as candidaturas e toda vez que o programa electoral está moi avanzado.
“Non son tempos de mirarse o embigo senón de traballar para consolidar a alternativa nacionalista que precisa Galiza fronte ao desastre que nos deixa Feijóo”, alegou, porque “os galegos e as galegas viven peor hoxe que cando chegou á Presidencia”.
Á candidata nacionalista recoñeceulle ao actual mandatario dous grandes méritos: ter triplicado a débeda, “mentres nos dicía que non se pode gastar o que non se ten” e, como segundo gran logro, “ter sido capaz de facerlle máis dano ao país en sete anos que Fraga en 16”.
Programa electoral
O BNG seguiu avanzando na elaboración do programa electoral, no que traballa desde fai semanas baixo a coordinación de Noa Presas e Nestor Rego desde a Executiva nacional, con contactos con colectivos de todos os sectores económicos, sociais e culturais para intercambiar propostas.
Un programa que Pontón definiu como “ambicioso” cun proxecto de país alternativo que se elabora baixo unha premisa inequívoca: a capacidade de Galiza para saír adiante e deixar atrás o desastre derivado das políticas da dereita e da UE.
Neste sentido, o Bloque presentará un programa electoral “para autoresponsabilizarnos do noso futuro”, cunha aposta pola innovación, polo talento, polo benestar, polos servizos públicos e pola igualdade, e por ter un novo status político que aporte ferramentas para sacar adiante os retos que ten Galiza.
Recoñecemento grupo parlamentario
O Consello Nacional fixo un recoñecemento expreso do traballo realizado polos sete deputados e deputadas do Grupo parlamentario, serio, solvente e moi rigoroso, dando alternativas e facendo un labor de control do Executivo. Co compromiso de todos e de todas para seguir aportando por fortalecer a alternativa do BNG desde novos ámbitos de traballo.
Pontón fixo unha mención específica do actual portavoz parlamentario, Francisco Jorquera, “o mellor deputado dos últimos tempos, unha persoa xenerosa, e para min un referente do que aprendín moito ao longo destes anos”, subliñou