Bilbao BBK Ao vivo completa o seu cartaz do 2024 coa lendaria Grace Jones, AIR tocando ‘Moon Safari’, Slowdive e Los Planetas celebrando 30 anos de ‘Super 8’
Albert Pla apresentando Rumbagenarios, Meute, Mujeres, María José Llergo, Samantha Hudson ou Kiasmos tamén vencellanse a ista segunda rolda de confirmacións do festival
Revelase o line-up de Basoa e Lasai, o epicentro de baile do festival
Os billetes do día sairán á venda o vindeiro martes 2 de abril
Bilbao BBK Ao vivo revela os artistas da súa vindeira edición, que se celebrará os vindeiros 11, 12 e 13 de xullo en Kobetamendi. Xa encabezaban o cartaz artistas da talla de Arcade Fire, Jungle, Massive Attack, The Prodigy, Underworld, Khruangbin ou Parcels, unha nova quenda de talento compreta un line-up do 2024 que representa unha viaxe interxeracional entre os sons e iconas que marcaron os últimos tempos.
Únese ao cartaz unha das artistas máis icónicas da historia: Grace Jones. Nada en Xamaica e medrada en Nova Iorque, Grace é un símbolo do underground máis extravagante, asidua ao mítico Studio 54 e constantemente pivotando entre o cinema, a moda e a música, Grace Jones estará en Bilbao BBK Ao vivo apresentando monumentais hits de baile coma Slave to the Rhythm ou Corporate Cannibal.
Unha viaxe etéreo por Kobetamendi
A revelación das novas voces do cartel convida a explorar a paisaxe sonora do dream pop e o shoegaze da man de dous mestres na materia: o xoves, a lendaria banda francesa, AIR estarán en Bilbao BBK Ao vivo 2024 tocando o seu icónico álbum ‘Moon Safari’, unha fusión única de sons electrónicos e atmosferas sensuais, sofisticadas e emotivas; e o sábado as iconas británicas Slowdive, creadores das engrenaxes sonoras máis envolventes e os climas oníricos máis intensos.
XOVES 11 DE XULLO. MASSIVE ATTACK, THE PRODIGY, AIR tocando ‘Moon Safari’, LOS PLANETAS celebrando 30 anos do ‘Super 8’
Massive Attack, The Prodigy, Folamour (A/V), Cymande, Death from Above 1979 ou Sen Senra son alghúns dos nomes que xa debuxaban a xornada inaugural do Bilbao BBK ao vivo. Un primeiro día que viaxará dende soms acedos ata as melodías máis pop, sumándose con iste novo anuncio a sofisticada electrónica downtempo dos franceses AIR. LOS Planetas tamén acudirán á cita, nun concerto especial celebrando os 30 anos do seu emblemático ‘Super 8’, onde repasarán o crucial caminho que trazaron no indie rock estatal.
Dende o transo lisérxico, Orbit brindará un som nostálxico coas vogal pasadas por autotune que lle caracterizan, e a fusión da electrónica e o acústico virá da man de Mezerg, que se deu a conhecer grazas aos seus vídeo clipes caseiros improvisando. Os irlandeses de NewDad tampouco fican fóra, nunha incursión no rock alternativo que baila entre o escuro e o dreamy.
A representación nacional tamén dá a benvida a novas incorporacións, dende a banda pop madrilenha rápida e brutal O Bo Fillo ou a spranza do shoegaze madrilenho Dharmacide. Nista primeira xornada conheceremos aos murcianos Nunatak co seu folque rocképico, a psicodelia extraterrestre dos zarauztarras Martín de Marte, e ao colectivo bilbaíno Nexo Malito, que contará co seu fundador ALTA e con CRRDR, convidado de honra dende Bogotá e mestre en raves e soms latinos.
VERNES 12 DE XULLO. GRACE JONES, UNDERWORLD, KHRUANGBIN, MEUTE, PARCELS, ALBERT PLA Rumbagenarios
Os novos nomes da segunda xornada do Bilbao BBK ao vivo chegan liderados pola indiscutíbel Grace Jones, que se suma aos xa anunciados Underworld, Khruangbin, Parcels, Jordan Rakei ou Ezra Collective, e volven distinguirse pola súa proposta internacional e nacional coidadosamente conectada. Dende Alemaña chega MEUTE, un abanico de músicos e instrumentos ao vivo, listos pra contaxiar a súa enerxía na gran troula que é o seu directo. Tamén contaremos co polifacético Albert Pla: cantautor, escritor, músico, cómico, autor… non hai nada que se lle resista ao catalá que protagonizou A Mesias e que presentará no festival o seu show Rumbagenarios. Tampouco se perderán a cita en Bilbao os tamén catalás Standstill, que tras disolverse no 2015 voltan as táboas de Bilbao BBK ao vivo; nin talentos noveis coma Aiko O Grupo, multiplicadores de revolucións co seu espírito riot e tremendamente novo ou Karavana, banda imprescindíbel a seguer. A segunda xornada do festival tamén nos agasalla á cordobesa María José Llergo, que parará o tempo co seu ULTRABELLEZA ou a cantautora italiana Daniela Pes. Súmanse á festa que comezaba Ralphie Choo a icónica celebrity, cantante e performer Samantha Hudson, o folclórico dj Ouro Jondo coa súa música de gasolinheira e o rei do makina Parkineos.
Os artistas con selo eusko label som anaco do ADN do festival e por iso non poderían fallar as pamplonicas Melenas e o seu som garage pop-psicodélico, os enérxicos EZEZEZ, os lekeitiarras Silitia ou S T R, únicos na súa escea.
SÁBADO 13 DE XULLO. ARCADE FIRE, JUNGLE, SLOWDIVE, FLOATING POINTS, ALVVAYS, ZOE GOTUSSO
Na xornada do sábado súmanse aos xa anunciados Arcade Fire, Jungle, Alvvays, Floating Points, Noname ou El Columpio Asesino na súa xeira de adeus, os imprescindíbeis Slowdive, co seu recente Everything Is Alive; a banda máis prometedora do Norde de Irlanda segundo a BBC, CHALK, creadores dunha mestura DIY infusionada de techno e punk; ou voando dende Arxentina, a paixón desbordante de Zoe Gotusso e as súas paisaxes sonoras ricas en emocións e texturas. Os islandeses Kiasmos achegarán o equilibrio perfeto entre ambient e electropop, e polo lado anglosaxón, o dúo máis viralizado de UK Good Neighbours traerán o seu aclamado single Home (e moito máis).
Na linha nacional, os garageros Mujeres polinizarán todo Kobetamendi coa súa exaltación do rock e a amizade, o barcelonés Boye traerá ao festival os seus himnos hedonistas, e os euscaldúns Oki Moki apresentarán o seu característico pop punk o-fi dende a localidade de Guetaria. Non podía fallar Bitxeando, o tardeo indie máis exitoso de Bilbao coa súa madrinha Ines Hernand á cabeza onda o seu fundador, o dj Daniless, acompanhándoos David Van Bylen coas súas mesturas imposibeis; engadindo así diferentes capas a un line-up estatal rico e diverso.
BASOA. UN SANTUARIO ELECTRÓNICO NO CORAZÓN DA FRAGA
Hoxe desvelamos a ringleira electrónica de Basoa, unha proposta sólida cos referentes máis interesantes da escena clube internacional. O xoves contaremos cos enérxicos ritmos do fundador do selo Life and Death Dj Tennis, que se suma ao aclamado DJ irlandés Cormac e ás mesturas rítmicas queer e sensuais de Ketiov. Tamén estará a talentosa peruana Sofía Kourtesis presentando a súa house emotiva no formato dj set e o talento local de Neska, vasca afincada na Barcelona creadora das festas multidisciplinares de electrónica flora & fauna
Na proposta do venres destacan talentos innovadores e compactos coma Marcel Dettmann, líder dos selos MDR e Bad Manners, xunto coas transicións fluídas entre xéneros do discjockey dos discjockeys Djrum. Tamén se suman ao santuario electrónico Ogazón, que ofrecerá coidadas seleccións de house e techno; a estelar DJ parisiense Jennifer Cardini, e Dj Gostoso b2b Senda Fatal, dúas das figuras máis dinámicas dentro da escea do clube madrilenho.
O peche do festival virá o sábado da man do case mitolóxico Nicola Cruz, que trae os seus evocadores ritmos folclóricos latinoamericáns; a eufórica Bored Lord, directa dende a vibrante escea underground de Oakland; os ritmos rápidos e quentes de Niki Lauda ou a máster class de italo-disco de Budino.
Cando se creou Basoa, John Talabot sempre estivo na mente do festival pra o peche diste oasis electrónico. Despois de 4 anos consecutivos dos seus xa míticos peches cerimoniais, que supuxeron unha experiencia relixiosa pra os peregrinos do festival, o dj volve por quinta e derradeira vez a Basoa, prometendo converter a fraga de Kobetamendi nunha das pistas de baile máis distinguidas de Europa.
LASAI. BAILES LENTOS COA OLLADA EN BILBAO
A premisa inicial de Lasai era manterse por baixo dos 100 beats por minuto, converténdose así nunha táboa esencial e o lugar principal pra aquiles que desexan baixar revolucións e desfrutar dos mestres dos tempos lentos e intensidades altas. Na xornada inaugural as táboas asolagaranse de soms vangardistas programados por Rinse FM. O venres contará co enigmático Xamana Jones, que fará a súa maxia por terceira vez consecutiva (os que estiveron en sets previos sábeno); o creador de Festa x Festa Baldman; o estimulante Lucient; o dj e produtor lendario Toni Bass ou o excéntrico podcaster e selector Miguel Agnes. O sábado JASSS será a encarregada de hostear o miradoiro máis especial de Bilbao.
A décimo sétima edición de Bilbao BBK ao vivo presenta un cartaz coidadosamente elaborado pra gozar plenamente de cada atuación, permitindo así saborear cada momento, cada nota e cada concerto nunha táboa natural privilexiada. Ista combinación converte a Bilbao BBK ao vivo nunha cita imprescindíbel dentro do circuíto de festivais deste vrao; e é que non só dicímolo nós: Bilbao BBK ao vivo foi recentemente galardoado cos premios a ‘Mellor Campanha de Comunicación’, ‘Mellor Festival Principal’ e ‘Mellor Atuación Electrónica Ao Vivo’ nos Iberian Festival Awards.
A Organización do festival amosa unha edición máis comprometida cunha sustentabilidade real e ancorada no territorio. Last Tour é empresa BCorp dende 2023 e a pertenza a ista comunidade global de empresas de impacto social positivo é un pulo pra a transformación interna e mellora continua do festival. É por iso que nista edición continuará salientando a importancia de crear conciencia sobor temas de accesibilidade, mobilidade, transición enerxética, inclusión, igualdade, cambio climático e a urxencia de protexer a nosa contorna natural. A sustentabilidade é un eixo estratéxico de Bilbao BBK ao vivo.
A organización de Bilbao BBK ao vivo da as grazas especialmente o apoio do Concello de Bilbao que, xunto cos patrocinadores e institucións colaboradoras, fan posible iste evento.
Venda na página web del festival e no Fever Up coa posibilidade de pago a prazos e cámping.
BILBAO BBK LIVE
11, 12, 13 xullo 2024
Kobetamendi, Bilbao
Venda xeral
Venda no bilbaobbklive.com e Fever Up
#bilbaobbklive
bilbaobbklive.com
TRADUCIÓN AO GALEGO CEIVE DA MAN DO RUBEM NOVO.
ARTISTAS ORDEN ALFABÉTICO:
AIKO EL GRUPO
AIR play ‘Moon Safari’
AIRU
ALBERT PLA presentando Rumbagenarios
ALVVAYS
ARCADE FIRE
BALDMAN
BITXEANDO: INES HERNAND + DANILESS + DAVID VAN BYLEN
BORED LORD
BOYE
BUDINO
CHALK
CORMAC
CYMANDE
DANIELA PES
DEATH FROM ABOVE 1979
DERBY MOTORETA’S BURRITO KACHIMBA
DHARMACIDE
DJ GOSTOSO B2B SENDA FATAL
DJ TENNIS
DJRUM
EL COLUMPIO ASESINO
EL BUEN HIJO
EZEZEZ
EZRA COLLECTIVE
FLOATING POINTS
FOLAMOUR (A/V)
GOOD NEIGHBORS
GRACE JONES
JASSS
JENNIFER CARDINI
JIMENA AMARILLO
JOHN TALABOT
JORDAN RAKEI
JPEGMAFIA
JUNGLE
KARAVANA
KETIOV
KHRUANGBIN
KIASMOS
LOS BITCHOS
LOS PLANETAS celebran 30 años de “Super 8”
LUCIENT
MARCEL DETTMANN
MARÍA JOSÉ LLERGO
MARTIN DE MARTE
MASSIVE ATTACK
MELENAS
MEUTE
MEZERG
MIGUEL AGNES
MULATU ASTATKE
MUJERES
NERVE AGENT
NESKA
NEWDAD
NEXO MALITO presenta: CRRDR + ALTA
NICOLA CRUZ
NIKI LAUDA
NONAME
NUNATAK
OGAZÓN
OKI MOKI
ORBIT
ORO JONDO
OVERMONO
PARCELS
PARKINEOS
QUERALT LAHOZ
RALPHIE CHOO
S T R
SAMANTHA HUDSON
SEN SENRA
SHINOVA
SILITIA
SLOWDIVE
SOFIA KOURTESIS
STANDSTILL
THE PRODIGY
TONI BASS
UNDERWORLD
XAMANA JONES
ZEA MAYS
ZOE GOTUSSO
FOTO CABECEIRA GRACE JONES DA MAN DE https://www.instagram.com/gracejonesofficial DA MAN DE FILMMAGIC.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|