Filme que retrata a vida de Jean Michel Basquiat, que pasou de ser un mozo desconhecido que pintaba grafitis nas rúas de Nova Iorque a converterse na man dereita do Andy Warhol. As súas exposicións pondeiradas coma os eventos máis importantes da tempada artística e os seus cadros, mercados polos museos e colecionistas máis prestixiosos. Atormentado pola soidade e o peso da fama, Basquiat morreu en 1988, aos 27 anos de idade dunha sobredose de heroínha.
O pintor Julian Schnabel, que foi amigo do protagonista e compartiu con il a época de fulgor da Factory de Warhol, debutou na direción de longametraxes con iste filme, no que exerceu tamén as funcións de guionista. Jeffrey Wright (“Shaft”) foi o encarregado de ponherse na pel de Basquiat. Schnabel contou amais cunha partilla de luxo, no que destacan egrexios nomes coma os de David Bowie, Dennis Hopper, Benicio del Toro, Gary Oldman, Christopher Walken ou William Dafoe. A estrea de Schnabel na realización (co que conseguiu o nomeamento ao León de Ouro venecian) foi tan positivo que anos máis tardeiro decidiu repetir a experiencia dirixindo “Antes que anoiteza”, protagonizada por Javier Bardem.
TRADUCIÓN AO GALEGO CEIVE POR RUBEM NOVO.
Foto cabeceira da man de https://www.operagallery.com/
