Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

1

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

https://www.facebook.com/villarjaneiro

 

2

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

As Helenas

A estas Helenas sepáranas 50 anos.
Cando Xoán Álvarez me propuxo posar así para unha entrevista recordei estoutra imaxe, tirada por alguén que nin sequera a soubo encadrar.
Sempre me pregunto canto de Helena quedou polo camiño e canto segue na de hoxe. E conclúo que quedou a pouca presunción física que tiña: as mans e a voz. E que permanecen a diplomacia (pelo longo contra a vontade de meu pai, que eu sabía como non converter en enfrontamento), o tento de facer arte co que atopo (colo de anacos de guipur dunha saba gastada do luxoso enxoval que a miña nai lle fixeran as amigas de Donosti e eu unía ao gancho para engado dos vestidos humildes), o amor á profesión de ensinante (xa tiña acabados todos os estudos e exercido a docencia rural) e á vocación de poeta (acabara vencendo artes nas que me iniciara: música, pintura e modelado, mais inda non publicara)

A Helena de hoxe perdeu moita inocencia, sobre todo os dez últimos anos… Gañaou a cambio profundidade e capacidade de análise para interpretar o real e dilucidar o imaxinado. Perdín afectos fortes e gañei outros que lle dan sentido á miña vida. E levo con dignidade a senectude que louvaba Cicerón. Sei que estou no III acto, mais tamén que pode ser aproveitado en conversar revisando o pasado cos do meu tempo e tentando arriquecer o seu futuro cos máis novos.