Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

VERBAS DE “Aquí tamén se fala”
Celebramos! Porque a iniciativa cultural “Aquí tamén se fala” foi recoñecida co galardón de maior prestixio e dotación económica do país en innovación educativa.

A nova aparece hoxe en medios como Nós Diario, La Voz, Quincemil, Cadena Ser, Onda Cero ou Xornal da Coruña, que dan conta do camiño transitado até agora: a maior campaña de dinamización da lingua realizada activamente pola mocidade estudantil galega, o primeiro festival profesional de música en galego organizado desde un instituto, a viralidade nas redes grazas ao apoio de diversos referentes culturais ou as accións de mans dadas cos principais clubs deportivos do país.

Celebramos este premio Innovagal, pero seguimos traballando. E, en poucos días, anunciaremos novidades.

Instagram