@ortiga.ortiga.ortiga + @alanatrio + @somospava + @ulex.oficial!
Iniciativa cultural do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Rafael Dieste da Coruña
Grazas e louvanzas a rapazada a prol do galego, lingua dos galegos, polo AQUÍ TAMÉN SE FALA.
O pulo, o festival, a forza.. grazas dun Neofalante galego da cidade de A Crunha de 50 anos.
Ramón Barreiro, xefe de estudos do IES Rafael Dieste
Fenómeno fan! Con @ulex.oficial! Estamos na praza da Tolerancia. No mellor Festival ao que podes ir hoxe 😎 O Festival da mocidade estudantil! O @aquitamensefala!
Festival – Aquí tamén se fala!
“Aquí tamén se fala galego” é a maior campaña de dinamización da lingua galega exercida activamente pola mocidade na historia, pois nela participaron xa máis de 20.000 mozos e mozas que actuaron sobre 50.000 espazos da súa contorna.
Exercer de técnico ou técnica de normalización da lingua é sinxelo: entramos nun local ou institución, preguntamos se podemos poñer este adhesivo da nosa escola para fomentar o uso do galego e explicamos que se lle dará publicidade desde as redes sociais.
Orgullosas e orgullosos do noso. Naturalizando que en cada espazo somos moitas e moitos os que usamos a lingua galega nas nosas interaccións diarias.
Se queres participar desde o teu centro nesta campaña podes solicitar os novos colantes, gratuítamente, á coordinación dos EDLG da túa provincia.
#1 Aquí tamén se canta – playlist by Aquí tamén se fala | Spotify



