Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
AOS PES Do CABALO
Os introitos da heroínha
«(…) Cando a probei por primeira vez pareceume que era o maior pracer que sentira na minha punheteira vida, tinha 19 anos, estivera con pibas, mais aquilo era o mellor, fechei os ollos e me apoie no asento de atrás do coche de Juan «La Mona», os amais estaban de risada, a min deume por durmirme e flipar, voei por tódolos universos conhecidos, polo menos iso pensei, nin pilulas, nin hachis, nin marixohana, nin fostias fixéronme sentir aquela sensación de ceibedade, de que o meu corpo xa non era o meu corpo, senón un anaco de meteorito aboiando no universo. Aos poucos meses xa estaba entrampallado, deime deconta que cheiraba mal, que non me banhaba e que os pantalóns se me caían do fraco que estaba, os policías seguían repartindo en tódolas vecinhanzas das Palmas, xa pasamos ata dos tripis, só queriamos á dona branca, todos os colegas buscabámola cada día nas Rehoyas, na Polvoreira, na Risco de Santo Nicólas, no Poligono Cruz de Pedra, os que a vendían eran chivatos dos madeiros, tipos sen noxos que só consumían cocaína, xamais heroína, tinhan a leción ben aprendida ou estaban decatados pola xente do tal Galindo, que era o que movía dende os picolos todo o plan que vinha da CIA de drogar á mocidade, canaria, vasca, galega, catalá…, máis combativa… O mesmo fillo de puta que empicaba o GAL, o mesmo que ordenou a tortura e asasinato de Lasa e Zabala, de Santi Brouard, de tantos outros vascos que loitaban pola súa liberdade. En pouco tempo escarallaron todo, eu non aparecín máis pola UPC en Triana, deixei a militancia, o mesmo que os meus colegas do Illote, todo era miseria humana, zombis, raparigos que eran boísimos xogando á pelota, ata varios que debutaron coa UD, que remataron coma borallas viventes, pel e óso, o corpo e os miolos esnaquizados, o mesmo que toda a xente que militaba e que loitaba contra a base da OTAN en Arinaga, contra a militarización de Canarias, contra a mili, contra o fascismo, contra a destrución das illas polo turismo, contra o caciquismo fascista, ise que tinha e ten ao noso pobo encadeado, axeonllado. Eu só vivía pra a dose decotío, cheguei a roubarlle a toda a minha familia, á minha avoa querida, á minha nai as poucas xoias que tinha, os cartos que tinha gardado o meu vello, os aforros da estiba. A minha vida esnaquizouse enteiramente, non ficou nada do meu, só esta saca de ósos que agora rua polo mundo, «El Negro», Mederos, o que un día creu nunha Canarias ceibe e independente, nun mundo mellor…»
Testemunho de Antonio Mederos Padrón, vítima da heroínha nos anos 80-90 na illa de Gran Canaria.
Entrevista feita polo escritor Francisco González Tejera na vecinhanza de Zarate, As Palmas GC, o 13 de xunho de 2001.
“Ise deleteíro inimigo, xermolo de tantas desfeitas humanas. Vidas novas, vidas baleiras, rotas, mortas. Heroínha chámase, e con razón, pois ninguén pode con ela”
TRADUCIÓN AO GALEGO CEIBE POLO RUBEM NOVO.
FOTO CABECEIRA DA MAN DE https://www.klipartz.com/